Directores/as
Ollo de vidrio

Raúl García

Desenvolve a maior parte da súa carreira como director-realizador, guionista e montador. Ao tempo, é profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela.

En 2012 crea Meteórica Cine para levar a cabo proxectos propios de ficción e documental.

Dirixiu ou realizou programas para TVG como "Cos Pés Na Terra", "Anacos de Vida" ou "Casamos" e foi guionista en series como "O Faro" ou "Fontealba", documentais, spots...

É membro da Academia Galega do Audiovisual (AGA) e da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA).

Filmografía

Ver perfil en IMDB

“The Great Way” (serie documental): produtor, director e guionista.

“Sporting: 50 anos de sentimento” (documental): produtor, director e guionista.

“O Gran Camiño” (longametraxe documental): produtor, director e guionista.

“Cos Pés Na Terra” (programa TV, TVG): guionista, director.

“Anacos de Vida” (programa TV, TVG): guionista, realizador.

“Fontealba” (serie TV, TVG): guionista.

O Faro” (serie TV, TVG e Forta): guionista.

Casamos! A historia de amor de…” (docureality, TVG): director-realizador, guionista, montador.

El Quid” (webserie): director, guionista, produtor.
Viaje al fin de la noche” (documental): director, guionista, montador, produtor.

Gira de los mil conciertos: Los Suaves” (DVD concierto): realizador.

Extremo Sur: un viaje al fin del mundo” (documental, TVG e Forta): guionista, imagen.

Historia de la construcción naval” (documental, TVG e Forta): guionista.

100% CEF” (documental, TVG): axudante dirección.
En las tripas de la Bestia: El rodaje de Lobos de Arga” (documental): montador

Tu amistad es el camino” (spot): produtor

La Visitadora de Cárceles” (película para televisión, TVG, TVE, Forta): guionista en desenvolvemento.

Nouturnio de Celanova” (curta de animación): director, guionista, produtor.

Así se hizo: Un buen hombre” (making of): director, imaxe.

Ponte en contacto
con Raúl García