pilar@illabufarda.gal
[Silleda, 1985]
Estudei Imaxe na IES da Coruña e Comunicación Audiovisual entre as universidades de Vigo e Santiago de Compostela. Dende o 2009 traballei arredor da fotografía, primeiro no Arquivo Pacheco de Vigo e logo rexentei o meu propio estudio de creación. A mediados do 2019 entro a formar parte da equipa da produtora creativa Illa Bufarda. Durante todos estes anos fun sumando proxectos individuais e colectivos como a participación na Caleidoscópica e na compañía de teatro A Cova das Letras.
Xéneros
Xéneros
Filmografía
“O latexo do tempo humano. Tres pezas, tres artesáns.” (Curtamentraxe documental, 2019) para a investigadora María Martín Seijo.