Directores/as
Mediateca

Olmo Couto Pérez

Olmo Couto, son director de fotografía e director de  documentais.
Fórmeme na escola de cinema de Polonia PWSFTviT (2005). Tamén realice un
taller de cinematografía na EICTV escola internacional de cinema de Cuba
(2002). A escola de Polonia influencio en gran modo o meu estilo visual.
Buscando unha imaxe crúa, estética e potente, sempre ao servizo da
historia, sen eclipsar o contido. Ambas as escolas e as realidades dos
países onde se atopan formáronme en traballar dun modo simple, con poucos
artefactos e floreos. Entendendo a importancia da mensaxe que enviamos co
cinema.
O últimos cinco anos participei na Comuna de cinema de Rojava (Region
autónoma do Nordeste de Siria). Onde fun director de fotografía en tres
longametraxes, ‘Kobane’(2022), ‘Desfile de vodas’(2021), e ‘Shengal, 12
xineteś(2018). O proxecto da comuna de cinema dedícase á creación,
distribución e educación. Utilizando o cinema como un motor de cambio
social. O cal me influíu enormemente, moldeado o meu estilo visual e
narrativo. Dando gran importancia ás historias que contamos e como as
contamos. Centrándome na investigación de temas como a memoria, a
identidade dos pobos, a loita e a cultura. Buscando un punto de vista
ético na forma que facemos cinema. Así como un contido filosófico nos
temas que tratamos.
Como director realicei 3 documéntalles, ‘Terra e Kurdistan’, ‘Ecos do
racho’, e ‘Mulleres en loita’ actualmente en post-produción.
En Galicia fue director de fotografía da longametraxe “Frio” de Roman
Gutierrez e das curtametraxes “Bilingüe” de Cecilia Perfilo e “Marcho
maña” de Gael Herrera.

Filmografía

Ver perfil en IMDB

FORMACIÓN ACADÉMICA
Dirección de Fotografía. (PWSFTV iT) Escola Nacional de Cinema de Polonia

2003-2005.

Talleres Internacional de Cinematografía (EICTV). Escola Internacional de Cine e Televisión de a Habana (2002.)
Técnico superior en imaxe CEV centro estudos do vídeo. Madrid. (1998-2000)

EXPERIENCIA PROFESIONAL.
Director de Fotografía.

Kobane Longametraxe Ficción. Komina Fiilm. (2022)
Shengal (12 jinetes). Longametraxe ficción . KomIna film (2019) Berbu (Weding parade). Longametraxe Ficción. Komina film. (2021)
De Sentido común Longametraxe Documental. Juventud en Acción.(2015). Erykas Eyes. Documental. Ficción.October films. (2014).
Frio, Documental. Roman Gutierrez.(2008).
Bilingue, Curtametraxe, de Cecilia Perolio (2007).
Agnieska 2039. CurtametraxeFicción. Levelgate. (2007).
El Último Día del Invierno. Curtametraxe 35 mm.PwsftviT. (2006)

Dirección.

Resistencia Mujeres Kurdas.Longametraxedocumental. Komina film (2022). Hospital Serekaniye Curtametraxe documental. Camara negra (2019) Tierra y Kurdistan.Longametraxe documental. Camara negra. (2017)
Ecos del desgarro. Longametraxe

Ibrahim. Curtametraxe ficción. Alhurria. (2013).
El Último Día del Invierno. Cortometraje 35 mm. PwsftviT (2006)

Ponte en contacto
con Olmo Couto Pérez

"*" indicates required fields

This field is for validation purposes and should be left unchanged.