Directores/as
Ollo de vidrio

Olga Osorio

Olga Osorio é realizadora, guionista, fotógrafa e docente audiovisual

Como directora, guionista e produtora audiovisual Olga Osorio acumula a día de hoxe máis dun cento de premios nacionais e internacionais e 500 seleccións en festivais de recoñecido prestixio, ente eles catro premios Mestre Mateo (como produtora pola curta 3-1=0, como directora e produtora dos videoclips Buscando a Superfama e Garden’s Road e como directora, guionista e productora da curta Einstein-Rosen) e varias nominación. O seu traballo foi adquirido pola prestisioxa canle Arte e pola tamén prestixiosa plataforma internacional de ciencia ficción Dust (1 e 2). Ten obtido recoñecementos xenéricos ao seu labor como a mención especial á Visibilidade do cinema galego no exterior CREA otorgada pola Asociación de Directores e Realizadores de Galicia ex aqueo con Óliver Laxe e Alberto Vázquez, a inclusión na unidade didácticaElas bravas” ou a invitación para representar ao cine de ciencia ficción español no VII Curtas Brasilia , entre outros.

As súas curtas de ficción foron seleccionadas nalgúns dos festivais más prestixiosos do mundo como Sitges Film Festival (dúas veces en sección oficial), Fantasia, PIFFF, Les Utopiales in Nantes (2) or BIFFF in Brussels (reStart (2015), tamén Staff Pick en Vimeo) ou Leeds, Seattle IFF, NY Children IFF, Leuven, Palm Springs, Heartland, River Run, Rhode Island, BIFAN ou Sapporo Short Film Festival (Einstein-Rosen (2016), seleccionado como  Short of the Week), Screamfest e Nocturna (Mouras (2018), seleccionada no Euro Connetcion de Clermont-Ferrand) ou Mecal e FKM (Tinder Time (2019) entre moitos outros. Tamén é a directora de videoclips coma Buscando a Superfama (2015) e Garden’s Road (2014), ambos moi galardonados en festivais.

Na actualidade,  Olga Osorio traballa no desenvolvemento da longametraxe baseada en Einstein-Rosen, coa produtoraVaca Films e recentemente foi seleccionada para participar na Residencia Intensiva de Guión de Xénero desenvolvida en Bilbao titorizada por Alberto Marini, para o desenvolvemento do seu novo guion de longa, “Eu, Bárbara”.

É profesora da área de Comunicación Audiovisual da facultade de Ciencias da Comunicación, onde na actualidade imparte Montaxe e onde deu aulas de Dirección de Fotografía e Narrativa Audiovisual desde 2003. Ademais da clase no ciclo de Realización da Escola de Imaxe e son da Coruña desde o ano 2000, en módulos como Realización de Cine e Realización de Televisión. É doutora en Humanidades e licenciada en Periodismo pola Universidade Complutense de Madrid.

Filmografía

Ver perfil en IMDB

“Cuestión de autoridad” (2019)

“Tinder Time” (2019)

“Mouras” (2018)

“Einstein-Rosen” (2016)

“ReStart” (2015)

“Buscando a Superfama” (2015)

“Garden’s Road” (2015)

Ponte en contacto
con Olga Osorio