Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Miguel Gomez Abad

Miguel Gomez Abad

Chámome Miguel Gómez Abad e nacín o 15 de
setembro de 1992 en Santiago de Compostela.

Estou graduado en Historia da Arte pola USC, son técnico superior en produción audiovisual, e graduado en Comunicación audiovisual na Universidade de Vigo.

O meu primeiro proxecto audiovisual con certa repercusión foi un pequeno curtametraxe documental que levou por título O fuxir do tempo, proxectado na SICA de Lugo en setembro de 2016.

A partir desta data desenvolvo tarefas de guión, dirección e montaxe en diferentes obras audiovisuais de ficción e documental, tendo algunhas delas xa algún que outro pequeno recorrido por festivais e premios, como as curtas Albores (2017), Baleiro (2018), Pensamentos para Xiana (2019) , Ti tamén (2019) ou O que queda de nós (2021), esta última con máis de 40 seleccións e 7 premios.

Filmografía

Ver perfil en IMDB

-Albores (2017, curtametraxe, fantástico)

-Baleiro (2018, curtametraxe, fantástico)

-Pensamentos para Xiana (2019, curtametraxe, drama)

-Ti tamén (2019, curtametraxe, comedia)

-O que queda de nós (2021, curtametraxe, drama, fantástico, terror)

-Cando o tempo acabe (2022, curtametraxe, fantástico, ciencia ficción)

Ponte en contacto
con Miguel Gomez Abad