Margherita Morello
Génova, Italia, 1980.
Margherita Morello é unha realizadora italiana residente en Santiago de Compostela desde o 2001. Formouse principalmente en Barcelona (ESCAC, Posgrao de Produción Cinematográfica, 2007), na Pompeu Fabra (Mestrado en Documental de Creación, 2009) e na India (Camera and Lighting Techniques, AAFT, 2005). Foi bolseira tres veces polo Consorcio Audiovisual de Santiago de Compostela e unha pola Deputación da Coruña.
Conta con máis de 20 anos de experiencia profesional no sector audiovisual como guionista, directora, produtora, operadora de cámara e editora.
Escribiu e dirixiu curtametraxes, vídeos musicais e documentais. A maioría deles emitíronse na TVG e gañaron premios nacionais e internacionais. As máis recentes, Y3 (2017) e THREADING ISSUES (2020), curtametraxes experimentais, foron seleccionadas e premiadas en oito e tres festivais internacionais, respectivamente.
Desde o 2014 é directora, produtora, operadora de cámara e editora na súa propia empresa 16thunders, onde realiza todo tipo de produtos audiovisuais para produtoras, televisións, compañías de teatro, grupos musicais e entes institucionais como Santiago Turismo e a Fundación Jacobea, entre outros.
Foi docente de Medios técnicos, Espectáculos e Multimedia no CFP de Produción de Televisión, Radio e Espectáculos O Raio Verde en Santiago de Compostela desde o 2011 ata o 2015, e na Escola Unitaria de 2015 a 2017.
Entre os últimos encargos como directora, destacan: vídeo de promoción para Santiago Turismo sobre as Festas do Apóstolo de Santiago de Compostela (2017), o piloto para a serie de ficción galega Andrómedas (2019), a longametraxe documental A memoria dos peregrinos para a Fundación Jacobea (2019, dentro do programa O Teu Xacobeo) e os vídeos musicais Naufraxio, Pesada Leveza e Ansiedade (2020), este último emitido pola TVG. Actualmente está a escribir o seu primeiro guion de longametraxe de ficción, "La niña y el vacío", que foi seleccionado no LABGUION Colombia 2022.
Filmografía
GUIONISTA E DIRECTORA
Institucionais:
– Vídeo de promoción das Festas do Apóstolo para Santiago Turismo (2018)
– A memoria dos peregrinos (Documental, 50 min, Galicia, 2019) para a Fundación Jacobea (subvencionado por Xacobeo 2021)
Series TV (só dirección):
– Andrómedas, piloto para serie televisiva de ficción (Galicia, 2019)
– Orxo, piloto para serie televisiva de ficción (Galicia, 2010)
Curtametraxes
– Threading Issues (Galicia, 2019) Festival Inshadow, 2020, Festival de Cine de Bos Aires, 2020, Festival Mov en Mov, México, 2022, Festival Cuadro por Danza, Venezuela, 2022.
– Y3 (Galicia, 2017) Festival Vídeo Arte Miden (Grecia), Festival de Cine Independente de Elxe (España), Festival Luna de Cortos (España)
MIVSC-Festival Videodance de São Carlos (Brasil), Façade Video Festival Plovdiv (Bulgaria), MIVA-Festival Internacional Multidisciplinario (Ecuador), 7th Athens Video Dance Project, 15th Notodofilmfest.
– El músico que moría demasiado (2014) con Antón Coucheiro e Akira Varela, estrea na Festa da Mafia, 2014, de Santiago de Compostela.
– Bloqueo (Galicia/Cataluña, 2008), con Rula Blanco e Loli Barbazán. Estrea no Festival de Cans (2008) e primeiro premio no Festival de Cine Feito por Mulleres, MUFEST 2009 (Santiago de Compostela).
– Flavia Sándalo e o falo de Shiva (14 min, Galicia/India, 2006), con Paula Sanmartín e Antón Coucheiro, emitido pola Televisión de Galicia, seleccionado no Festival de Curtametraxes de Cans, 2007, e no Festival de Cine de São Paulo, 2008.
– A Familia (12 min, 2005), con Branca Cendán e Ofelia Henschel, premiado no Talent Campus do Festival Internacional de Cine de Berlín, en 2006, e seleccionado no Festival de Curtametraxes de Cans, en 2007.
Documentais:
– Compostela cidade dormitorio (9 min, Galicia, 2015), con Adrián Costa, Narf, Legido, Vargas, emitido por Santiago TV.
– Catro Na Burga (50 min, Galicia, 2013), estrea no CGAC en 2013, con Ruth Balbís, Carlos Neira, Clara Gayo e Marta Pazos, e desenvolto no marco do Mestrado de Documental de Creación, Pompeu Fabra.
– Los Reyes del KO (50 min, Galicia/Alemaña/Madrid, 2009), sobre dous músicos galegos de blues. Estrea no Festival Documenta Madrid, 2009, seleccionado no Festival de Cine Alcances de Cádiz, 2009, emitido pola Televisión de Galicia e Barcelona TV.
– Bollywood Grill (5 min, India, 2006).
– Documad, sobre a realización de curtametraxes (38 min, Galicia/Madrid, 2006). Estrea en Emergencias 17 (La Casa Encendida, Madrid, 2006).
– El pueblo sin voz, sobre o pobo saharauí nos campos de refuxiados (55 min, Sáhara, 2005), emitido por Telemadrid e a Televisión Educativa Iberoamericana.
– Diario de un café solo, con Catuxa Batallán (4 min, 2004), seleccionado no Festival Curtocircuito de Santiago de Compostela en 2004.
Vídeoclips:
-ANIMAIS (2022) para SOM DO GALPOM
– ANSIEDADE (2020) para SOM DO GALPOM, emitido pola TVG.
– DREAMING JULIET (2021) Fondo Proxectos culturais Xacobeo 2021.
– PESADA LEVEZA (2019) para ELEFANTE ELEGANTE.
– NAUFRAGIO (2018) para LAYLA.
– SAL A RESPIRAR (2015) para TATO LOPEZ.
– COCIÑAR, HIP HOP E TRABALLAR (2015) para OS TRES TENEDORES.
– INCONFORME (2014) para SOM DO GALPOM (seleccionado no Festival de Cans, 2015).
Vídeo creacións:
– Cierzo (Corrubedo, 2012) videodanza con Leodán Rodriguez Casas. Premiado no Festival Danza Tac 2012, Festival Axita e Serve México 2012.
– Princesa (2007), con Luís Zahera e Sonia Méndez.
– Oltre la linea (2005), con Natalia Outeiro e Xoque Carbajal, gañadora da sección “Non te curtes” do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito de Santiago de Compostela en 2005.




Ponte en contacto
con Margherita Morello
"*" indicates required fields


