Marcos Estebo
Comeza a traballar en 2002 realizando reportaxes emitidas en TVE Galicia.
Escribe e dirixe varios documentais como "Profesión Actor" ou "Tras o pano" emitido en TVG.
Como actor fai un dúo cómico xunto a Marcos Grande en Localia Santiago, fórmase como manipulador de telebonecos coa empresa Galitoons e forma parte do Teatro de Cámara Ditea durante cinco anos.
Escribe varios textos de micro teatro así como escribe e realiza a webserie fake "Haz el amor y después la videoguerra" xunto a Ana Ponte.
Tras anos como freelance realizando vídeos corporativos, culturais ou escribindo guións para videoxogos, comeza a traballar como guionista e realizador en Bren Entertaiment en programas como "Os días de Suso" ou "Cos pés na terra".
Filmografía
Docuseries:
“Cos pés na terra“, “Os días de Suso”, “Somos ben curiosos”, “Maniotas” e “Hai que mollarse” (TVG), Bren Entertaiment
Documentais:
“Profesión Actor” e “Tras o pano” (TVG)
Curtametraxes:
“La caída de un managfer malvado” e “La timba“
Ponte en contacto
con Marcos Estebo
"*" indicates required fields


