Directores/as
Ollo de vidrio

Formado en Dirección e Montaxe Cinematográficos no CECC (Centre de Estudis Cinematografics de Catalunya).

Realizador de programas de TV como CRIATURAS e CASAMOS de TVG, ambos líderes de audiencia nas suas respectivas franxas.

Director da curtametraxe A SUBELA (2003) escollido pola Xunta de Galicia para a difusión do audiovisual galego no exterior e presente nun gran número de festivais e gañadora de varios premios. Nominada ó Mestre Mateo 2004 á mellor curtametraxe.

Director da longametraxe RETORNOS (2010), presente , entre outros, nos festivais de Montreal, Valladolid, Sao Paulo Nominada a mellor película nos Mestre Mateo 2011 e gañador de 2  Mestre Mateo.

Nominado coma mellor director nos  Mestre Mateo) 2011 por RETORNOS. 

Director da curtametraxe UNARY (2014)  presente en multitude de festivais internacionais e gañador de varios premios. Gañadora do Mestre Mateo 2015 á mellor curtametraxe.

Realizador xunto a Cesar Souto do documental OS DÍAS AFOGADOS presente nun gran número de festivais e gañadora de varios premios. Gañador do Mestre Mateo 2016 ó mellor documental.

Realizador do documental IDÉNTICAS. Gañador do Mestre Mateo 2019 ó mellor documental.

Realizador, operador e montador de videoclips e diferentes traballos institucionais, industriais e socias.

Filmografía

Ver perfil en IMDB

A Subela (Curta 35mm)

Retornos (Longametraxe 35mm)

Unary (Curta)

Os Días Afogados (Longametraxe documental)

Idénticas (Longametraxe documental)

Mbemba en Sansa (Curta documental)

Ponte en contacto
con Luis Avilés