Lucía Estévez
Directora e montadora.
Graduada en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e en O Porto, cunha beca Erasmus na UCP. Continúa a súa formación con profesionais do cine e do teatro (Andrés Lima, Alain Vigneau, Iñaki Moreno)
En 2019 recibe o Premio a Proxecto no Carballo Interplay para dirixir Xan, unha serie para internet co-creada co actor e guionista Miguel Canalejo. O mesmo ano recibe o premio a mellor dirección de CREA no festival internacional Curtocircuito pola curtametraxe de ficción Arrolo. En 2018 recibe o Premio María Luz Morales polo seu videoensaio Muller Personaxe. En 2017 realiza Sendeiro, curtametraxe subvencionada por AGADIC.
Alén do seu traballo como directora, traballa como auxiliar de cámara en filmes e series televisivas e está de xira dende 2019 coa obra Curva España, do Grupo Chévere, ocupándose do espazo audiovisual e da realización de cámaras en escena.
Filmografía
Xan, webserie (2020)
Arrolo, curtametraxe de ficción (2019)
Muller Personaxe, videoensaio (2019)
Sendeiro, curtametraxe de ficción (2018)
–
Curva España (Grupo Chévere, espazo audiovisual, xira 2019-2020)