Directores/as
Ollo de vidrio

Jorge Coira

Jorge Coira, nacido en Rábade (Lugo), comezou a súa carreira profesional a finais dos 90.

No terreo do cine, tralos comezos en curtametraxes entre as que destacan Mofa e Befa en Gran Liquidación e O Matachín (esta última cun bo percorrido de festivais e premios internacionais), en 2004 estreou a súa primeira longametraxe: O Ano da Carracha.

A súa seguinte película, 18 comidas -estreada en España a finais de 2010-, recibiu numerosos premios, sendo seleccionada en máis de 30 festivais internacionais, e estreada en salas en máis de 10 países de todo o mundo.

En televisión, ademais do seu labor en publicidade y videoclips, o seu traballo centrouse na dirección de series, participando en series como Terra de Miranda, As Leis de Celavella, Padre Casares e, recentemente, Luci (unha das primeiras series españolas en ser vendida para a súa versión nos E.E.U.U.); así como a tv-movie Entre Bateas. E desde 2007, dirixe con frecuencia series de ámbito nacional como El Comisario, Pelotas ou Sé quién eres.

En 2016, gañou o Goya á Mellor Montaxe polo seu traballo en El desconocido, de Dani de la Torre.

As súas últimas obras son Eroski Paraíso, adaptación da obra de Chévere (Premoi Nacional de Teatro 2016) e a serie Hierro, coprodución entre Movistar+, Portocabo, Atlantique POrod. e o canal Arte France.

contacto representante

 

Filmografía

Ver perfil en IMDB

LONGAMETRAXES

Eroski Paraíso (Longametraxe. OlloVivo Prod. Chévere). 2019.

18 comidas (Longametraxe. Tic-tac Prod. Zircozine). 2010.
O Ano da Carracha (Longametraxe. Filmanova) 2004.

 

TELEVISIÓN

Director de Hierro (Serie de ficción, 8 x 50′ MOvistar+ e Arte France). 2016

Co-director de Sé quién eres (Serie de ficción, 10 x 70′ Filmax para Telecinco). 2016
Director e guionista de Luci (Serie de ficción, 14 x 25’Portocabo para TVG). 2013/2014
Director de Pelotas (Serie de ficción, 7 x 70′. El Terrat para TVE). 2010
Director de El Comisario (Serie de ficción, 2 x 70′. Bocaboca para Telecinco). 2008
Director de Padre Casares (Serie de ficción, 13 x 65′. Voz Audiovisual para TVG). 2008
Director de R.I.S. (Serie de ficción, 2 x 50′. Videomedia para Telecinco). 2007
Director e Prod. executivo de Terra de Miranda (Serie de ficción, Voz Audiovisual para TVG). 2001/07
Director de Mundo Verbena (Programa TV. 12 x 100’. Voz Audiovisual para TVG). 2006
Director de As Leis de Celavella (Serie de ficción, 26 x 70′. Voz Audiovisual para TVG). 2005
Director de Entre Bateas (TV Movie. Costa Oeste S.A. para F.O.R.T.A.). 2002
Director creativo de promocións de Televisión de Galicia. 1996 / 99

 

DOCUMENTAIS

Torre de Breoghán. A luz dos milésinas (Longametraxe documental. Abano Prod.) 2015

¿Qué Culpa tiene el Tomate? (Longametraxe documental. Tic-tac Prod.). Galicia / Arxentina / Perú / Colombia / Bolivia / Venezuela / Brasil. 2009
Días de Reparto (Documental. Filmax para TVG). 2010
092 (Serie documental, 8 x 30’. Costa Oeste S.A. para TVG). 2001.
Vida nas Mareas (Serie documental, 6 x 30’. NTR Telefábrica para TVG). 2000.
Chunda, Chunda (Serie documental, 7 x 30’. Costa Oeste S.A. para TVG). 2000.

 

CURTAMETRAXES

A ti como se che di adeus? (Curtametraxe. Miguel Asensio P.C.) 1998.
O Matachín (Curtametraxe. Abrago Filmes). 1996
Mofa e Befa en Gran Liquidación (Curtametraxe. Producciones E.I.S.). 1995

 

OUTRAS OBRAS

Gallaecia Petrea. Sentindo a pedra. (videocreación para exposición en museo). 2012
Volver (Video-clip do grupo Di Elas). 2011
Logo Chega o Día. (Video-clip. Lamatumbá). 2010.
Radio Magical. (Video-clip do grupo Magical Brothers para Club Xabarín, TVG). 2008
Hugo Box (Video-clip. Aphonnic). 2007.
Cidade Teatro. Campaña de Promoción do Centro Dramático Galego (10 spots x 25’’). 2006
¿Que é o Atlántico? (Montaxe para a celebración do 15º Aniversario do Pub Atlántico) 2003
Little Girl (Vídeo-clip “Aphonnic”. Casa de Tolos.) 2003.
Untitled (Curtametraxe para o Berlinale Talent Campus). 2002
The Return of the Wardrobe (Curtametraxe da Masterclass de Allan Starski. EFA). 2002
Rapabestas (Vídeo-clip “Xosé Manuel Budiño”. EIS.) 1998
As Xoias da Señora Bianconero (Curtametraxe. Leidisanllentelman). 1993

Ponte en contacto
con Jorge Coira