Javier Seoane García
Javier Seoane (Javi SeGa) empezou o seu recorrido no mundo artístico sendo un neno a raíz da elaboración de dibuxos e viñetas cómicas, pero non foi ata os 13 anos cando se embarcou na creación audiovisual coa realización de pequenas curtametraxes para diferentes festivais (Curtas Na Rede, Teaserland, Yourvid…), ademáis da grabación de todo tipo de actuacións musicais, campamentos, obras de teatro e graduacións escolares.
En 2012 foi mestre de Vídeo nunha actividade extraescolar no colexio Liceo la Paz, e pouco despois embarcouse na dirección, guion e montaxe de diferentes sketches de humor, curtametraxes e series para internet (algunhas delas seleccionadas e premiadas en festivais galegos e nacionais).
Tamén desempeñou múltiples grabacións para eventos, celebracións, making ofs de spots televisivos e unha gran variedade de proxectos videográficos e de deseño gráfico para diferentes produtoras e empresas (Ainé Producciones, Tex45, Entretendo SL, Miraveo, Dinamo Producciones, Galeatro…).
Polo momento segue realizando todo tipo de propostas audiovisuais creativas e artísticas nos diferentes formatos ao alcance dos novos medios de comunicación.
Filmografía
PROXECTOS DESTACADOS:
– Mataría (MicroSerie gañadora a mellor serie web en galego e do premio do público no Carballo Interplay 2021 e do Mestre Mateo a mellor serie web no 2022)
– Adiós Max, Adiós (Curtametraxe 2022 – Selección oficial no Lift – Off de Reino Unido)
– Ateneo Stories (WebSerie realizada en colaboración co Ateneo – Bar Cultural)
– Merín (Curtametraxe realizada no Festival LAVIII.MOV da asociación cultural SENUNPESO (A Vedra 2021))
– Antolepsia (WebSerie seleccionada en varias ocasións no festival Carballo Interplay)
– Tempo Relativo (Curtametraxe realizada no festival FINDE CURTA LUGO 2020 obtendo a mención especial a mellor dirección, mellor dirección de fotografía e mejor vestiario)
– Canto Che Quero (WebSerie finalista no Fic Bueu 2019)
– Curmáns (Curtametraxe realizada no marco do Chanfaina Lab 2019)
– Breixo (Curtametraxe realizada no marco do Chanfaina Lab 2018)
– La Fiesta del Mal (Curtametraxe 2016)








Ponte en contacto
con Javier Seoane García
"*" indicates required fields


