Directores/as
Ollo de vidrio

Nada en Cabanas no ano 1992 e domiciliada en Fene catro anos máis tarde, onde pasou a meirande parte da súa vida, Iria Santos estudou nos anos 2011-2013 o Ciclo Superior de Imaxe Audiovisual na EISV obtendo o seu primeiro título dentro do sector audiovisual como Técnica Superior en Imaxe Audiovisual. Posteriormente, comezou os seus estudos de Grao en Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña (2013-2017), cuxo TFG un webdoc interactivo dirixido por ela (traballo da man de Laura Pico, Inés Pérez e Luciana Pulido) obtivo o Premio a Mellor Webserie en V.O. en Galego no Carballo Interplay do 2018.

Durante os estudos de Grao estivo 6 meses en Chile, onde aprendeu moito sobre cine dende un punto de vista diferente, pero non tan afastado.

Ao remate fixo varios Másters: Dirección de Marketing Dixital e e-Commerce, Deseño Gráfico, Aplicacións Multimedia (UOC) e Narración e Escritura Creativa.

O pasado ano 2019 comezou a docencia, á par que finaliza a súa tese de doutoramento en TIC, dando clases na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña en materias coma Audio, Informática para Web e Vídeo, Ferramentas de Creación Multimedia, Ficción Audiovisual, Análise Audiovisual e Comunicación Corporativa.

Dende os seus inicios ata a actualidade na cal reside en Ferrol seguindo en activo, non parou de participar en proxectos coma o Campamento Kamikaze (Carballo Interplay), o concurso A fume de carozo (Lav.mov - Senunpeso.org), o Kino Galicia ou o Kino Tarragonik; e de realizar obras audiovisual entre as cales ten varias curtametraxes baixo a súa direción.

Tamén estivo tempadas de tres meses facendo prácticas en diferentes empresas: Televisión de Ferrol, TeleVigo, Voz Audiovisual e PEstudio e colaborou como creadora de contidos para a revista online Fotoconciertos.com durante 4 anos (2014-2017).

Neste momento ten entre mans un documental, titulado The Foundry, ao redor da Ferrería de Bravos (Ourol, Lugo), cuxa realización está conxelada dende a COVID-19. Tamén escribe guións xunto ao director e actor italiano Kévin Dániel Di Angelo. Practica a docencia e é investigadora con especialización en estética computacional na Universidade da Coruña.

Filmografía

Ver perfil en IMDB
  • Curtametraxe Andares Fabulosos: foquista (2012)
  • Curtametraxe documental Voces Celestes: operadora de cámara (2012)
  • Curtametraxe Big Crunch: fotógrafa de Making Of (2012)
  • Programas e informativos de Televigo: operadora de cámara (2012)
  • Programas da Televisión de Ferrol: Informativos: operadora de cámara e montadora. El abogado responde, en línea con Manolo Platas, Espacio Abierto, Ferrolanas de Hoy, El Toro Por los Cuernos, Caleidoscopio, Salud y Vida, e Minutos de Xogo: realización e montaxe dos programas (2012)
  • Evento EISVMusic: operadora de cámara (2012)
  • Videoclip Drug Rabbitsaxudante no equipo de iluminación (2013)
  • Curtametraxe Abre el pecho y registra: foquista (2013)
  • Serie Padre Casares: meritorio no Departamento de Cámara (Voz Audiovisual, 2013)
  • Serie Chapa e pintura: gravación de castings (Voz Audiovisual, 2013)
  • Curtametraxe Óbito: axudante de iluminación e foquista (2014)
  • Curtametraxe Nunca será siempre: axudante de produción e dirección de fotografía (2015)
  • Curtametraxe 12 de marzo: coguión con Paula Santos (2015).
  • Curtametraxe Carrapuchiña: guión (2015).
  • Curtametraxe Victor: op. de cámara e edición (2016)
  • Mediametraxe Casa Tomada: idea orixinal e montaxe (2016)
  • Vídeos promocionais do Congreso Internacional de la Infancia (PEstudio, 2016)
  • Webdoc interactivo Monumento (actualmente dispoñibles os episodios lineais sen interactividade: Ferrol, Santiago, Ortegal e Vigo): dirección e montaxe (2017) – Mellor Webserie en V.O. en Galego (Carballo Interplay 2018)
  • Episodio (Phonema) webserie Dinosaurio: op. de cámara e montaxe (2018) – Mellor serie web (Mestre Mateo, 2019)
  • Curtametraxe Deseos (2018): co-dirección
  • Vídeo resumo IV Escalada A Carballeira – As Pontes: montaxe (2018)
  • Curtametraxe Peregrino nº15  (2019): co-dirección
  • Vídeos promocionais Triatlón Trishark Narón (2019)
  • Curtametraxe Lockdown: dirección e montaxe (2020)
  • Curtametraxe Poemoj kun esenco: dirección e montaxe (2021)
  • Curtametraxe Last Survivor: dirección e montaxe (2021)
  • Webserie 7razóns: coguión con D’Angelo (2021).
  • Curtametraxe Maemuki: coguión con D’Angelo (2021).

Ponte en contacto
con Iria Santos