Directores/as
Ollo de vidrio

Irene Pin

Irene Pin estuda Comunicación Audiovisual na USC e na Universidade Aristóteles de Tesalónica, cunha bolsa Erasmus que aproveita para especializarse en guión e dirección da man dos profesores Apostolos Karakasis e Panagiotis Iossifelis. Durante esta estadía codirixe o documental Morrer Devagar, sobre a crise das persoas refuxiadas en Grecia. En 2019 recibe o premio a desenvolvemento de proxecto no Carballo Interplay por Amnesia 3.0, a primeira webserie interactiva en galego. En 2020 roda, cunha axuda ao talento de Agadic, a curtametraxe Somos Cárcere. Actualmente traballa no guión da súa primeira longametraxe, Terás que saltar, seleccionada no programa de titorías da Agag para mulleres guionistas. Alén do seu traballo audiovisual, é autora do poemario transmedia A ollada de Ειρήνη e exerce como xornalista cultural.

Filmografía

Ver perfil en IMDB

Amnesia 3.0 (2020). Webserie interactiva. Premio a Desenvolvemento de Proxecto no Carballo Interplay 2019.

San Finx 1960 (2019). Documental. Premio “Outstanding Project” da Universidade das Nacións Unidas. Coa colaboración de NÓS TV.

Nós, as desenfocadas (2019). Videoensaio. Accésit María Luz Morales.

Non preciso ser salvada (2018). Videopoesía. Premio Rabbit Heart Poetry Film Festival.

Morrer Devagar (2017). Documental. Codirixido con Bego Ferreiro e titorizado por Margarita Ledo Andión.

Ai, Pardiñas, dásme a vida! (2016). Documental. Premio Festival de Cinema de Música de Roca.

Benvida ao desastre (2016). Curtametraxe.

Declaración (2016). Videopoesía. Premio Siluetas Furtivas.

Meus ollos firen (2014). Curtametraxe.

Ponte en contacto
con Irene Pin