Directores/as
Mediateca

Gutier Rolán

Levo traballando como profesional no eido audiovisual dende o 2009. Estou especializado en produción publicitaria e contidos audiovisuais para marcas como Ikea, Coca Cola ou R (publicidade, corporativos, redes sociais, motion graphics…).
Cos anos non só adquirín experiencia en gravación e edición, senon tamén na produción e especialmente na estratexia de contidos audiovisuais para marcas. Encántame a publicidade porque me permite ser creativo e cada proxecto é unha nova aventura.
Considérome tan realizador como montador, e iso refléxase na miña forma de traballar, planificando a gravación pensando na mesa de montaxe. Gústame involucrarme en todo o proceso creativo, sobre todo nas tres principais fases onde se escribe a historia: o guión, a dirección e a montaxe.
O meu soño é facer cine, pero mentres chegamos a iso, non paro de aprender facendo curtametraxes, documentais, microteatro, videoclips… non me poño límites se hai unha historia interesante que contar.

Para ver os meus últimos traballos podes visitar a miña web (gutierrolan.com) e a miña canle de Vimeo. Grazas e saúdos!

Filmografía

FICCIÓN:

Chichinabo. (Serie para YouTube. Argadela.) 2019. Dirección e posprodución.
Tápao. (Curtametraxe. Argadela.) 2018. Dirección e posprodución.
15 ans, l’âge bête du coq. (Curtametraxe. Argadela.) 2018. Dirección e posprodución.
Teaser para o proxecto de longametraxe “Natural“. (En posprodución.). 2015. Dirección e montaxe.
“La mujer que espera”. (Microteatro.) 2014. Guion e dirección, interpretada por Isabel Blanco e Alberto da Sinda.
Trala parede. (Curtametraxe. Aira Studio.) 2010. Guión, dirección e posprodución.
Slow food. (Curtametraxe. LAV.) 2009. Dirección e posprodución.
18.1. (Curtametraxe. Mr Misto Films.) 2008. Guión, dirección e posprodución.

NON FICCIÓN:

La memoria de la ausencia. (Documental en posprodución). 2024. Codirección e posprodución.
Coa terra nas mans. (Documental, Vizuals Lab.) 2022. Realizador e montador.
Gnädinger. (Documental, Vizuals Lab.) 2022. Realizador e montador.
City of Agra. (Documental, Vizuals Lab.) 2022. Realizador e montador.
Moto for Peace 20 aniversario. (Documental. ONG Moto for Peace.) 2021. Realización e posprodución.
Cara a cara coa vida
. (Documental. Aira Studio.) 2012. Dirección e posprodución.
Botando por fóra. (Documental. Mr Misto Films.) 2008. Realización e posprodución en grupo.

TELEVISIÓN:

Alarma 080. (Programa para TVG, 10×58′. Eriza Producciones.) 2024. Montador.
Imos de feira.
(Programa concurso para TVG, 10×58′. Vizuals Lab e Tex45.) 2022. Operador de cámara e montador.
Tempo de saúde
. (Programa divulgativo, 40×5′. Galimedia para TVG.) 2015. Realización e edición.
Es lo que hay. (Late Night Show On Line, 6×90′ Aira Studio.) 2013. Coprodución, realización e posprodución.

OUTROS:

Making of Balle Voyage. (Making of. Estudo Momento.) 2023. Realización e posprodución.
Shoot the breeze. (Videoclip. KLETUSS.) 2021. Dirección e posprodución.
Making of Bonnie and Clyde Shooting Coruña. (Making of. Estudo Momento.) 2021. Realización e posprodución.
Stand R para Resurrection Fest e Portamérica. (Interactivo. Quattro IDCP.) 2017. Realización, posprodución e interactividade.
O Xardín das Pernas Roubadas. (Making of. La Tuerka Teatro) 2014. Dirección e posprodución.
Vivir sin ti. (Videoclip. Capitán Morgan.) 2013. Realización e posprodución.
Maruja da cansela. (Videoclip. Tonhito de Poi.) 2012. Dirección e posprodución.
Rock in Theatre Capitán Morgan. (DVD concerto en directo, 155′. Mandeo Records.) 2011. Montaxe e operador de cámara.
Admirando a condición. (Videoclip. Sés.) 2011. Posprodución.

Ponte en contacto
con Gutier Rolán

"*" indicates required fields

This field is for validation purposes and should be left unchanged.