Gero Costas
Naceu en Vigo anque foi criado en Marín (Pontevedra).
Dende moi novo as súas dúas paixóns foron a música e o cine (en especial a ciencia ficción e a serie B)
Isto levouno a estudiar Realización Audiovisual na EISV e guión na Escuela de Cine Madrid. Tamén o levouno a tocar en (moitas) bandas underground galegas.
A finais do ano 2008 funda xunto coa súa socia Romina Doce, Producciones Mutantes. E especializanse sobre todo no mundo do videoclip e da publicidade.
Crecer entre a década dos oitenta e a dos noventa fixo que basease o seu particular imaxinario no mundo dos videoclips de rock. E foi precisamente nese campo, no que atopou a unión perfecta entre os seus dous grandes amores. Especializouse nel chegando a gañar o premio ao mellor videoclip do Festival de Cans ou estar nominado no Festival Caostica de Bilbao.
Filmografía
2010. Campaña de Publicidade “Armadiña Rock”.
Posto: Guión, Dirección, Cámara e Edición.
2013. Vídeo Promocional Surfing The Lérez e Making Off do Festival.
Posto: Guión, Dirección, Cámara e Edición.
2014. Videoclip de “ Leaving alone”, Thee Blind Crows.
Posto: Guión, Dirección, Cámara e Edición.
2015. Videoclip de “Suar Sangue”, Terbutalina.
Posto: Guión, Dirección, Cámara e Edición.
2016. Anuncio de Nadal Estrela de Galicia.
Posto: Guión, Dirección, Cámara e Edición.
2017. Anuncio de Televisión de 125 aniversario de La Voz de Galicia.
Posto: Dirección, Cámara e Edición.
2017. Videoclip “ Ninguén che quere”, Terbutalina
Posto: Guión, Dirección, Cámara e Edición.
2017. Videoclip “ Omertá”, Bala. Gañador do festival de Cans na categoría de mellor videoclip.
Posto: Guión, Dirección, Cámara e Edición.
2018. Anuncio Xunta de Galicia, ONG Mestura
Posto: Guión, Dirección, Cámara e Edición.
2019. Videoclip Tolo Chamanes.
Posto: Guión, Dirección, Cámara e Edición.