Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Fran X. Rodríguez

Fran X. Rodríguez

Fran X. Rodríguez (1980, Rianxo, A Coruña) é director nos campos da ficción e a publicidade.

Comezou a súa carreira coa curtametraxe O Cerco, gañando en 2008 o premio á mellor montaxe no Festival de Curtametraxes de Zaragoza.

En 2009 participou no concurso Curtas na Rede, onde gañou o premio á mellor obra experimental con Meticulosidade.
Neses anos comezou a súa carreira no cine comercial e corporativo coa axencia de publicidade BAP & CONDE.

En 2016 dirixiu a curtametraxe Ladrones de Tiempo, converténdose na primeira peza da historia do Festival de Cans en gañar tres premios: Mellor curta, Premio do público e Mellor guión. Finalista nos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, Ladrones de Tiempo tamén gañou o Premio da III edición do Gin & Film Festival de

Mombasa, o festival con maior premio económico do Estado español. a obra recibiu 12 premios nacionais e internacionais e proxectouse en 15 países: Estados Unidos, Arxentina, México, Brasil, Nicaragua, Colombia, Bolivia, Italia, Reino Unido, Escocia, Rusia, Serbia, Romanía, Portugal e en todo o territorio nacional .

"Formulación orixinal e ambiciosa", "factura técnica impecable e mensaxería poderosa", "orixinalidade e complexa ancoraxe de todos os elementos do guión" ou "funciona como un reloxo" foron algunhas das críticas que recibiu a curta nos medios.

En 2018 dirixiu e produciu a curtametraxe Beautiful Boy (Neno Bonito). Ademáis de ser finalista nos Mestre Mateo 2019, é seleccionada en 30 festivais de todo o mundo, recollendo nove galardóns, entre os que se inclúen os Premios do Público no Festival de Cans e o Primavera do Cine de Vigo, Mellor guión na Mostra de Curtas de Noia, Mellor Director nos Curtas de Vilagarcía ou o Premio Fugaz á Mellor Montaxe.

A súa última curtametraxe, Limiar, foi seleccionada no Luna de Cortos e no Festival Internacional de Cine Independente de Elche.

No campo da publicidade, realizou diversas campañas comerciais para Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Gadis, Coren, Estrella Galicia ou Inditex, entre outras marcas.
En 2020 ten a oportunidade de dirixir á actriz Benedicta Sánchez (Goya á actriz Revelación por “O que arde”) na campaña promocional de Turgalicia dese mesmo ano, Galicia Volve.

A súa fascinación polas secuencias de crédito lévao a relizar diversas cabeceiras para a televisión, entre as que cabe destacar a creada para a serie Hierro (Movistar +).

No ano 2021 gaña o Mestre Mateo ao Mellor Anuncio Publicitario pola realización do filme Desde o mar e dirixe a serie documental “Las Estrellas del Camino” para Estrella Galicia, no marco do Xacobeo 2021.

Filmografía

Ver perfil en IMDB

Publicidade

LAS ESTRELLAS DEL CAMINO | Laurie (Estrella Galicia)

LAS ESTRELLAS DEL CAMINO | Xermán (Estrella Galicia)

DE FRONTE (Deputación da Coruña)

ESTRELLA DEL CAMINO (Estrella Galicia)

TALENTO MOZO (Xunta de Galicia)

DESDE O MAR (Xunta de Galicia)

GALICIA VOLVE (Xunta de Galicia)

LETRAS GALEGAS | CARVALHO CALERO (Xunta de Galicia)

HUB (Escuela de negocios digitales)

BEARD MOURNING (Bululú Creativos)

GALICIA CEN | Urbano Lugrís (Consello da Cultura Galega)

HOMENAJE AL FRÍO (Caramelo)

ESTRAORDINARIUS (Coren)

Ficción

DEVORADORA DE NENOS | TEASER (2022)

LIMIAR (2020)

NENO BONITO (2019)

LADRONES DE TIEMPO (2016)

Cabeceiras

HIERRO (Movistar+)

O PAIS MÁIS GRANDE DO MUNDO (Tvg)

ADN GALEGO (Tvg)

A VIAXE DE LESLIE (Portocabo)

VÉRTICE DE VERSOS (Carlos Lorenzo)

LA BRECHA (Marcos Nine)

MANUSCRITOS POMPEIANOS (Marcos Nine)

Videoclips

IGLOO | Restos de un naufragio

IGLOO | Gigante

IGLOO | Reina ourensana

Experimental

ADIÓS · SOIDÁ

NIMBOS | A beleza feriume para sempre

TRIBUTE DETECTIVE

 

 

 

Ponte en contacto
con Fran X. Rodríguez