Directores/as
Mediateca

Fon Cortizo

En 2020, Fon Cortizo estrea a súa primeira longametraxe de ficción 9 Fugas no Festival Internacional de Gijón facéndose co Premio á Mellor Longametraxe Internacional (ex aequo). O filme ten como punto de partida a banda sonora dunha orquestra de improvisadores pechada no laboratorio dun vello buque oceanográfico. A través da súa música recréase unha historia esquecida da que só queda a erosión das ondas sonoras sobre os espazos deshabitados.

Contrafaces (2016) foi a primeira longametraxe documental de Fon Cortizo onde a ficción e a realidade de Quebec, Islandia e Galicia constrúen unha mirada sobre temas como a creación, a identidade ou as linguas.

Filmografía

Ver perfil en IMDB

· Abellón (2024, 18 min) Mellor curtametraxe no Moscow International Film Festival (2025) e Premio do público en Zinebi (2024). Álex trata de entender su lugar en el mundo, su masculinidad, su papel en los cuidados, los ruidos en los sueños de su abuelo centenario. Lucía es ciega de nacimiento. Guía a Álex.

· 9 Fugas (2020, 86 min) Premio á mellor longametraxe internacional no Festival de Xixon (2021). Longametraxe que explora o proceso de creación cinematográfico a través da construción inversa do relato. A banda sonora, creada por unha orquestra de improvisación dirixida, foi a orixe sobre a que brotaron historia e imaxes.

· Filomena (2017, 11 min) Aos seus 91 anos vive soa nunha pequena aldea de Galicia pero rodeada de lembranzas. Recorda aqueles contos de cando non había televisión, ou as adiviñas e os ditos que xa case ninguén coñece.

· Americano (2017, 17 min)  Con 16 anos, Emanuel Xavier subsistía nas rúas de Manhattan como prostituto e vendedor de droga. Hoxe é unha das voces máis representativas da escena de Spoken Word de New York.

· Aysha (2017, 20 min) Aysha é unha nova e enérxica voz que emerxe con forza en Oriente Medio. A poesía e a creatividade son as súas armas para cambiar unha sociedade expectante trala primavera árabe.

· Contrafaces (2016, 74 min) Unha poeta inicia unha viaxe interior ao descubrir que algúns dos seus poemas xa foran escritos noutro idioma por un poeta islandés e unha poeta canadiana. Documental e ficción mesturadas nun relato poliédrico.

Ponte en contacto
con Fon Cortizo

"*" indicates required fields

This field is for validation purposes and should be left unchanged.