Directores/as
Ollo de vidrio

Darío Autrán (Pontevedra, 1987) é escritor, director de cine, actor e guionista. Na súa carreira á fronte da súa propia produtora audiovisual destaca a súa ópera prima como director Tilda & Jean.

Esta longametraxe, escrita, dirigida, protagonizada e producida íntegramente por el, foi nomeada a Mellor Película para Televisión nos Premios Mestre Mateo 2014, a Mellor Película en Cinelow i Directors Emergents (2013), a Mellor Película en Cine Novissimo (2013) e a Mellor Película no Festival Cine de Autor Internacional de Lugo (2013). Ademáis de Tilda & Jean, foi o guionista e protagonista da longametraxe "Orxo" (Oroboro Films). Os seus últimos traballos foron a webserie experimental "Artemia", finalista no II Festival Español de Webseries, as curtametraxes "Nidos de luz" e "Efectos de Mayo".

No ámbito teatral, Darío Autrán escribiu, dirixiu e protagonizou ata a data seis obras, todas elas estreadas en Galicia. Salamandra, Malvís e fogo e O Lugar son as máis coñecidas, sendo esta última a elixida para a apertura do Festival de Teatro con G no Torrente Ballester de Ferrol (2009).

Na actualidade, está en cartel con dous espectáculos teatrais, Relatos negros, protagonizado por Manuel Manquiña e dirixido por el mesmo, e Entelequias, como actor e guionista.

No ámbito audiovisual, actualmente está en proceso de post-produción do programa literario Nubes habitadas, a longametraxe Llanto e en proceso de produción da curta Salamandra.

Filmografía

Ver perfil en IMDB

ORXO / guionista, actor
TILDA & JEAN / guionista, director, actor
ARTEMIA / guionista, director
IXIÓN / guionista, director
HÁBITAT / guionista, director, actor
NIDOS DE LUZ / guionista, director
EFECTOS DE MAYO / guionista, director
DE MUTIS / guionista, director
EL TERCER HUMANISTA / guionista, actor
VIDA, OBRA E MORTE / guionista, director, actor

RELATOS NEGROS/  director

ENTELEQUIAS/ guionista, actor

LLANTO/ guionista, director

SALAMANDRA/guionista, director

 

 

Ponte en contacto
con Darío Autrán