Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Carmela F. Bello

Carmela F. Bello

Santiago de Compostela, 1978. Ciclo Superior de Realización de audiovisuales y Espectáculos (IORTV, 2004).

A súa carreira profesional comeza no ano 2004. Caracterizada por unha grande polivalencia, non deixa de traballar no sector audiovisual galego en programas de diferente índole, que van dende os shows televisivos a programas informativos.

No 2006, introdúcese no formato documental como editora de vídeo, da man de Rafael Cid, ca obra "Queda alguén ai?" (TVE Galicia).

En 2009 levará a cabo o seu primeiro traballo como realizadora, proxectando uns vídeos integrados nunha obra de teatro da compañía Porque sí Producciones.

Ao ano seguinte nomearanna Coordinadora de Realización na empresa V Televisión, e realizará programas debates como "Vía V" ou "A Outra Vía", así como os Informativos e diversos programas da canle galega.

Tras dous anos exercendo o posto regresa a súa cidade natal, involucrándose en moi diversos proxectos audiovisuais.

En Agosto de 2015, a antropóloga Alba Otero proporalle a realización do seu proxecto "Asylum Seekers, Refuxiados" no que se involucra inmediatamente pondo a disposición da iniciativa todos os coñecementos adquiridos ao longo da súa andaina profesional.

Ao tempo, inicia a preproducción do seu propio proxecto documental, do que esperemos ter boas novas axiña.

Filmografía

REALIZACIÓN DOCUMENTAL:

Asylum Seekers Refuxiados

REALIZACIÓN TELEVISIÓN:

Informativos V Televisión
Vía V
La Otra Vía
Vaya V

Ponte en contacto
con Carmela F. Bello