Directores/as
Ollo de vidrio

Carlos Seijo

#FORMACIÓN

Con 20 anos comeza a traballar como ilustrador para varias axencias de publicidade mentres estuda a carreira de Belas Artes. Na súa etapa formativa realiza varias curtametraxes e pezas de vídeo-creación de marcado carácter plástico polas que é premiado en diferentes certames e festivais.

#PAIXÓNS

A súa paixón polo proceso creativo móvelle a realizarse en múltiples facetas do espectro audiovisual. “Dante Symphony”, un proxecto da ONG Help Children Barcelona, a curtametraxe “Kune” ou o documental “O Espantallo Amigo”, son pezas nas que desenvolve todo o deseño conceptual e artístico, así como as animacións en 3D e a composición musical.

#CREATIVIDADE

Carlos está aos mandos de Maxina, unha axencia creativa na que leva a cabo tarefas de dirección, creatividade e branded content para formatos audiovisuais. Nela veñen realizando diferentes traballos que pouco a pouco van obtendo recoñecemento, como é o caso do videoclip “Olas del Sur”, finalista nos Hollywood Music Awards 2015.

Filmografía

Videocreación Cordero Místico (2004)
Videocreación Fondendo na Habitación de Pai e Nai (2005)
Curtametraxe Élévation (2006)
Curtametraxe Sen Escrúpulos (2007)
Curtametraxe Pode Ser (2008)
Curtametraxe Empatía (2009)
Curtametraxe Kune (2010)
Guionista en spots de desenvolvemento sostible da Familia Pampín de Miguelanxo Prado (2010)
Realización do documental Canto de Permanencia de Uxío Novoneira (2011)
Spot para compañía eléctrica Esinor (2012)
Spot para a ONG Help Children Barcelona (2012)
Animacións en 3D para Dante Symphony (2013)
Animacións para o Abastos 2.0 (2014)
Videoclip para o tema Olas del Sur de Daniel Minimalia (2015)
Cabeceira para a serie En Coma estreada na TVG (2015)
Documental Testimonio Santos para Cocinas Santos (2015)
Documental O Espantallo Amigo protagonizado por Xosé Neira Vilas (2015)

Ponte en contacto
con Carlos Seijo