Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Carlos Sedes

Carlos Sedes

A Coruña 1973
Comezou a traballar no sector audiovisual arredor do ano 1990, na empresa CTV. A súa experiencia en realización remóntase a 1998, daquela inicíase en Voz Audiovisual, facendo videos industriais, publicidade e programas divulgativos como "Contagotas" e "Cibernatura", os dous emitidos na TVG.
En 2000 comeza a realizar coñecidas teleseries da Televisión de Galicia, e dese labor dá o salto á dirección, tamén na ficción da pequena pantalla autonómica.
O seu seguinte chanzo profesional márcao a dirección da serie "Desaparecida" que o Grupo Ganga produce para Televisión Española.
Desde entón, dirixiu varios dos últimos éxitos da televisión en España como "Gran Hotel", "Gran Reserva", "Hispania", "Impérium" ou, na actualidade, "Velvet".
En canto ós premios e recoñecementos de Carlos Sedes podemos destacar os seguintes:
Seul Drama festival 08 o mellor director por DESAPARECIDA e mellor serie.
Premio á mellor realización, xunto con Manuel A. Espiñeira, por "A vida por diante" nos Premios Mestre Mateo 2006 (entregados en maio de 2007).
Mestre Mateo 2005 á mellor dirección e mellor realización, ambos xunto a Jorge Coira, por "As leis de Celavella".
Mestre Mateo 2003 á mellor realización por "Terra de Miranda".
Galardón ao mellor realizador de TV nos Premios da TV e do Cine de Galicia 2005, outorgados pola revista Imagen y Comunicación.

Filmografía

Ver perfil en IMDB

TV movie

No estás sola , Sara (2009) TVE
La Viuda Valenciana (estudio1,2010) TVE

Series de TV

Velvet (2014) Antena3
Gran Hotel (2011-13) Antena3
Imperium (2012) Antena3
Gran reserva (2009-11) TVE
Hispania, la leyenda (2010-11) Antena3
Guante Blanco (2008) TVE
Padre Casares (2008) TVG
Desaparecida (2007) TVE
A vida por diante (2006-07) TVG
As leis de Celavella (2004-05) TVG
Terra de Miranda (2001-03) TVG)
Mareas vivas (2000) -Realizador-. TVG

Ponte en contacto
con Carlos Sedes