Directores/as
Mediateca

Carlos Prado Pampín

Marín (Pontevedra), 1982. Xornalista Audiovisual e Técnico Superior de Imaxe. Cando tiña 7 anos, o seu pai abriu un vídeo club en Seixo (Marín) que marcou a vida do rapaz. Pampín criouse entre as cintas de Beta e VHS. Con 12 anos, a familia de Prado Pampín merca unha cámara de vídeo doméstica coa que comeza a trastear e a gravar o que se poñía por diante.
No 2000, Carlos estuda na EISV de Vigo a FP Técnico Superior de Imaxe. Traballa na TVG como operador de cámara en diferentes programas. No 2007 obtén a licenciatura en Xornalismo Audiovisual na USC. Mentres estuda en Santiago, comeza a gravar curtas e documentais como director e guionista.
Tras pasar por Radio Voz e polo diario AS, no 2008, Pampín ficha pola televisión La Sexta, na súa delegación de Galicia, onde traballa na actualidade como reporteiro.

Carlos combina o seu traballo de xornalista coa rodaxe de curtas e documentais, como "Vellas", a historia do amor de dúas mulleres da terceira idade nunha aldea galega, finalista dos Mestre Mateo 2008; ou "Devolvendo o golpe", a historia de superación do boxeador Aarón Thunder, longa documental estreada en cines en toda Galicia

Filmografía

Ver perfil en IMDB

Operador de cámara

· CRUCES DE PEDRA (Curta documental) 2002, de Manuel Tato
· EN LA OSCURIDAD (Curta de ficción) 2002, de Óscar Pardo

Director e guionista

· VALLE INCLÁN, UNHA VIDA POR GALICIA (Curta documental) 2005

· CURRICULUM VITAE (Curta de ficción) 2006

· ALÍ E ALÁ (Curta de ficción) 2007

· EL CAMINO DEL BURRO (Curta documental) 2008

· VELLAS (Curta de ficción) 2008

· A MANO O A MÁQUINA (Curta documental) 2015

· HOMES DE XEO (Mediometraxe documental) 2017

· O XENERAL (Curtametraxe de ficción) 2019

· DEVOLVENDO O GOLPE (Longametraxe documental) 2021

Ponte en contacto
con Carlos Prado Pampín

"*" indicates required fields

This field is for validation purposes and should be left unchanged.