Directores/as
Mediateca

Bruno Arias

(Vigo, 1998). Graduado en Comunicación Audiovisual e máster en Profesorado de ensino secundario pola USC. Actualmente cursa o máster en Estudos da Literatura e da Cultura da USC.

O seu primeiro traballo como director é Os espazos en branco (2023), estreada en Cineuropa e gañadora do Mestre Mateo ao Mellor Documental en 2024.

Participou como montador en proxectos como a curtametraxe Na pel da memoria (Laura e Coral Piñeiro, 2023) ou a serie web A moza que abortou e o contou (Rosalía Quiroga e Eire Cid, 2024).

Parte do seu traballo xira arredor do tratamento da memoria nas súas diferentes formas e a través de diferentes rexistros, tarefa que desenvolve como parte do colectivo Memoria e Cinema.

Filmografía

Ver perfil en IMDB

Os espazos en branco (2023) · longametraxe documental

Canción 37 (Memoria e Cinema, WIP) · curtametraxe de ficción

Ponte en contacto
con Bruno Arias

"*" indicates required fields

This field is for validation purposes and should be left unchanged.