Directores/as
Ollo de vidrio

Berio Molina

Nacín en A Fonsagrada, Lugo.
Cursei Belas Artes na Facultade de Pontevedra e logo un Máster en Artes
Dixitais na Universidade Pompeu Fabra e outro en Computer Graphic Design
na Rochester Institute of Technology (R.I.T.) en Nova Iorque onde
desenvolvín a tese Augmented Sound (Son aumentado).
Sempre tiven un interés especial arredor do son e da acción, procurando
situacións nas que os obxectos e os espectadores se puidesen revelar
fóra dos comportamentos cotiáns e codificados.
Sempre gostei tamén do traballo en grupo, sendo parte do colectivo
arredor da paisaxe sonora Escoitar.org, da comunidade de arte e acción
libre Alg-a, e do colectivo de performances Flexo.
En 2017 publiquei o libro Setras. Un tratado sonoro sobre a acción
caligráfica que foi galardoado co Premio Especial do Xurado nos Puchi
Award (La Casa Encendida. Fulgencio Pimentel)

Filmografía

Ver perfil en IMDB

7 Limbos (2019). Premio Crea á mellor dirección de obra experimental.
O Garfo (2018)
Campo (2016). Terceiro Premio FIVA06. Festival Internacion de Videoarte
Minuison (2014)
I have trees inside my head (2008)
Shellac. A minute. At action Park (2003)
Sanyo SY-92 (2002). Primeiro Premio IX Certame de Artes Plásticas Cidade
de Lugo

Ponte en contacto
con Berio Molina