Directores/as
Mediateca

Bea Saiáns

Bea Saiáns (Vigo, 1991) é graduada en Comunicación Audiovisual (UVIGO, 2016), e especializada en Xénero e Comunicación (UAB, 2018) e formada tamén a través de residencias La Plantación con Víctor Erice, Pedro Costa, Joan Fontcuberta. Recibe obradoiros formativos tamén da man de Carla Simón e Caroline Champetier.

Traballa para diversos xornais como fotógrafa como O Salto ou Eldiario.es.

Recentemente foi gañadora da beca en Dirección de Fotografía da I Edición CIMA Mentoring 1 to 1 (2021) organizado polo ICAA, Netflix e CIMA.

Impulsa xunto a Iris Justo, CRU, a produtora na que traballa desde a súa creación o 8M de 2022. No marco da produtora ademais do eido audiovisual adícase a impartir obradoiros de Educación Mediática en centros educativos.

CRU foi gañadora no 2022 do premio Mellor Iniciativa Empresarial da Deputación de Pontevedra. (Premios Provincias á Xuventude).

É a autora de Baliza (Edicións Malafera, 2023) o seu primeiro libro, de poemas ilustrados.

Filmografía

Ver perfil en IMDB

Curtametraxe Experimental: Cinema Anémico finalista no Festival de Cans (2017), exhibida ese mesmo ano tamén no OUFF.

Curtametraxe Autobiográfica: Pai finalista no Certame Xuventude Crea da Xunta de Galicia (2019) actualmente GZCrea.

Curtametraxe documental: Historias de non ficción (2019) estreada no Teatro RAI Barcelona, no marco do seu TFM.

 

Videos Musicais/Publicidade: Arrolo de Cumieira do grupo de folk galego Caldo (2020), Ratatá de O Rabelo (2022) ou Peça Desculpas, Senhor Presidente (2023) do artista brasileño Luca Argel, vídeo que deu lugar a varios artigos de opinión en Praza e Publico.pt. Todos os seus traballos conteñen unha gran presenza da danza.

Nos últimos dous anos enfráscase no proxecto Régimen co que accede ás Residencias Audiovisuais de LaBonne en Barcelona (2021). Neste momento adícase a producir a súa primeira serie, da que é guionista e directora: os Delirio Sketchs, finalista no Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay (2023).

Ponte en contacto
con Bea Saiáns

"*" indicates required fields

This field is for validation purposes and should be left unchanged.