Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Ariadna Silva Fernández

Ariadna Silva Fernández

A Estrada, 1996 | Fotógrafa, realizadora e comunicadora. Representada pola Galería Marisa Marimón.

Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universitat Oberta de Catalunya, Máster en Fotografía Artística e Documental pola Escuela TAI e estudante do Máster en Servizos Culturais pola Universidade de Santiago de Compostela.

O seu traballo persoal deriva entre a fotografía e o cinema documental. Actualmente céntrase en desenvolver proxectos persoais de longo percorrido dentro do documentalismo contemporáneo e de autor, con temáticas como a paisaxe galega e a autobiografía como eixos centrais da súa narrativa fotográfica e audiovisual.

En 2020 estrea Cartografía do esquecemento, a súa primeira peza audiovisual como directora, unha curta que forma parte dun proxecto artístico multidisciplinar e que foi seleccionada no Festival de Cans, en Curtocircuito, no FIC Vía XIV de Verín e no Festival Curtas de Vilagarcía. É cofundadora da asociación audiovisual Gancho Producións, finalista na categoría de Mellor Serie Web nos XVIII Premios Mestre Mateo coa webserie A Cortados.

Como fotógrafa recibiu premios como o Xuventude Crea, foi finalista no Emergentes International Photography Award do Encontros da Imagem (Portugal), publicou en numerosas revistas nacionais e internacionais, publicou o fotolibro Fillos do vento (Banco Editorial) e expuxo en festivais como PHotoEspaña.

Filmografía

O intruso | (2021) curtametraxe documental

Cartografía do esquecemento | (2020) curtametraxe documental

 

 

Ponte en contacto
con Ariadna Silva Fernández