Directores/as
Ollo de vidrio

Anxos Fazáns

Pontevedra, 1992

Estuda Comunicación Audiovisual na Uvigo, un Máster de Dirección de Cine na ESCAC e un Máster en Arte Contemporánteo, Creación e Investigación da Uvigo. 

A partir da curtametraxe Area comeza a súa carreira profesional e o seu interese polo formato analóxico. Con esta peza logra seleccións en varios festivais internacionais entre os que destaca Zinebi (Bilbao).

A Estación Violenta é a súa primeira longametraxe. trátase dunha adaptación da novela homónima de Manuel Jabois producida por Matriuska e protagonizada por Alberto Rolán, Nerea Barros, Xose Barato e Antonio Durán Morris. Esta película viaxa por Festivais Internacionais entre os que destacan BAFICI en Bos Aires, SEFF Festival de Cine Europeo de Sevilla, D’A en Barcelona, Sanfic en Santiago de Chile, FICCALI ou Cinespaña Toulousse.

En 2019 estrena a curtametraxe Analóxica, producido por Erika Lust e que se programa en seccións competitivas de BAFICI e Curtocircuíto. Ese mesmo ano inaugura a videoinstalación Sed que forma parte das Residencias Artísticas Injuve 2019.

Creou xunto a Silvia Fuentes a productora Sétima Media, dende onde traballa o desenvolvemento da súa nova longametraxe. 

Filmografía

Ver perfil en IMDB

. “A Estación Violenta” Longametraxe Ficción Ver online

. “Analóxica” Curtametraxe Ver trailer

. “Area” Curtametraxe Ver online

Ponte en contacto
con Anxos Fazáns