Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Anna B. Diz

Anna B. Diz

Un recorrido complicado, que comeza non sei cando e non sei onde, pero que me fixo xirar unhas cantas veces neste disco, creo que non-raiado. Dende sempre, escribir foi unha das miñas paixóns, sobre todo escribir acerca do que me rodea, sobre o que me inqueda. Aproveito a escritura para esvaecerme un anaco e crear. E así, pasei a converter en audiovisuais esas historias que escribía en papel, moitas ainda inertes en follas medio esquecidas. A creación audiovisual como parte de min para facer realidade outras historias.

Da mesma forma que observaba e escribía, a fotografía dirixeu aos meus ollos a "escribir" as súas propias historias. Cada vez gústame máis inmortalizar momentos e emocionar con eles. En mente proxectos que espero por en marcha pronto.

De ónde partimos pouco importa. Son as ganas e o ímpetu, o importante do que cada un queira alcanzar.

Filmografía

– Realización do videoclip “Animal Salvaje” do grupo Calle del Ruido (2019)

– Dirección do documental “XX anos de bravío” de Chantadafilms (2018)

– Realización do videoclip “Silencio” do grupo El Grito Chino (2017)

– Realización do videoclip “Behind the curtain” do grupo Onion Smile (2016)

– Segunda Axudante de Dirección de “Superpunky” (2016)

– Dirección de Producción de “Lurna” (2015)

– Dirección de Producción de “Flores para Amalia” (2013)
– Postprodución de Garabolis de Chantadafilms. (2011)
– Guión, produción e realización de Pintando el Silencio (2010)
– Dirección de Producción de “Amor Ansioso” (2010)
– Guión, producción e realización de Placebo
– Guión e postprodución de O labirinto ario de Chantadafilms.
– Guión, produción e realización de Notas para Sofía
– Guión, produción e realización de Tempus fugit
– Guión, produción e realización de O tren da vida

Ponte en contacto
con Anna B. Diz