Anita Pico
Anita Pico (1995). Cun perfil eléctrico como directora, creadora e guionista, o seu traballo repártese entre o cinema e a televisión, compaxinándoos coa dirección do seu estudio creativo en Galicia, Henfunk Studio, fundado en 2022.
As súas creacións van desde a ficción ata o documental ou a animación, estreando a súa primeira serie animada para o público infantil, Galiworld, en 2025. Na súa traxectoria, participou en laboratorios de institucións de prestixio como BBC New Creatives, TorinoFilmLab, Midpoint Institute ou CIMA Impulsa, acumulando experiencias como presentar proxectos durante os London Screenings na sede dos BAFTA. Desde 2024, Anita exerce como coordinadora de desenvolvemento nunha das grandes produtoras televisivas en España, Zeppelin TV.
Filmografía
Ver perfil en IMDBa miña casa henfunkstudio.com
Dirección de Ficción/Cinema/TV
-A Nosa Movida (2025) – Programa de Televisión, Entretemento Musical. 3×30′ CRTVG, Agalega.gal.
–Galiworld (2025) – Serie Televisión, Animación Infantil. 8×6′ CRTVG, Xabarin.gal.
–Segunda II (2024) – Documental, Curtametraxe. PlayDoc, SiberiaDOC, La Gran Pantalla, Cineuropa
–Pulp Air (2024) – Comedia, Serie Dixital. Hollyshorts, Bilbao Seriesland, Finalista Premios Mestre Mateo 2024
–Lique (2022) – Thriller Botánico, Curtametraxe. Shorts from Galicia 2023, 37º CINEUROPA, Semana Cine de Lugo, Fan Cine de Lemos, Marató de Cinema de Sants…
–What a Circus (2020) – Comedia,”BBC New Creatives Talent Program”, Curtametraxe. Produción da BBC, estrea en televisión. Festival de Cans, Primavera do Cine, Sunderland Shorts…
-Blacks or Whites (2019) – Estrea Instituto Británico de Cine Londres (BFI), Curtametraxe. Festival de Cans, Moscow Shorts, Worcester Film Fest, Portobello Film Festival…








Ponte en contacto
con Anita Pico
"*" indicates required fields


