Directores/as
Ollo de vidrio

Ángeles Huerta

Directora e guionista.

Empecei facendo curtas de xeito autodidacta e acabei estudando na Met Film School de Londres. Ao meu regreso de Inglaterra, consigo facer Esquece Monelos, un documetal creativo longamente soñado sobre os meandros da memoria, que obtivo un gran éxito tanto en festivais como nas salas de cine. Actualmente estou preparando a miña segunda longametraxe, O corpo aberto, un western gótico basado nun relato de Méndez Ferrín. Tamén estou traballando no guión de "La Nadadora", o novo traballo de Sandra Sánchez. Como documentalista, intento colaborar en proxectos de comunicación alternativos cando teño oportunidade.

Filmografía

A nena azul (2018, 23 min) (co-guionista)- Curtametraxe dirixida por Sandra Sánchez.

Próxima estación, San Sadurniño (2017, 10 min)- Unha curta sobre a relativamente rápido que podemos volver a casa.

Esquece Monelos (2016, 76 min) – Baixo as rúas da Coruña hai un río que moitos non recordan, pero que de cando en vez se desborda reclamando o que unha vez foi a súa conca.A historia dun río e máis das nosas correntes subterráneas.

The Fetch (2014, 10 min) – Dous descoñecidos unidos por unha forza misteriosa. Unha película sobre homes e bicicletas, inspirada na novela de Flann O’Brien “The third policeman”.

Normal people (a smartphone tragedy) (2013, 5 min) – Lucy é normal. Duncan é normal. Lucy e Duncan son unha parella normal. Unha traxicomedia sobre o absurdo da normalidade.

 

 

Ponte en contacto
con Ángeles Huerta