Directores/as
Ollo de vidrio

Andrea Zapata-Girau

Andrea Zapata-Girau (Vigo, 1986) é cineasta, montador e artista visual. O seu traballo, na fronteira da ficción e a non ficción, explora a relación entre a imaxe, a antropoloxía, o son e a música e aborda temas como as dinámicas familiares e comunitarias, a dislocación cultural e a fe.

Estudou guitarra clásica no Conservatorio Mayeusis e a Guildhall School, dous anos de comunicación audiovisual na Universidade Pompeu Fabra, un Bachelor of Arts & Media na TAMK School of Art, Music & Media de Tampere (Finlandia) e un máster en Industria Musical na Universidade de Santiago de Compostela. Asistiu a cursos e obradoiros con Laura Mulvey, Víctor Erice e Werner Herzog, entre outros. Sen embargo, a súa educación real ven das persoas que ten coñecido, dese encontro de ideas e formas, e da música que escoita.

As súas películas foron programadas en festivais como o de La Habana, Madrid e Göteborg, Cannes, Zinebi e espazos como a Filmoteca Española, a Cineteca de Madrid, o teatro Symphony Space de Nova York e o Museo da Memoria de Bos Aires.

Actualmente prepara a súa segunda longa e unha serie de pezas de videoarte arredor da etnomusicoloxía. Reside entre Galicia, Cuba e Finlandia.

https://www.zapata-girau.com/bio

 

Filmografía

Ruovesi (2021) – 19 min.

Aava (2016) – 6 min.

Guitarra de palo (2013) – 63 min.

Jiskra (2008) – curta/videoinstalación

Red (2007) – curta/videoinstalación

Ponte en contacto
con Andrea Zapata-Girau