Directores/as
Ollo de vidrio

Álvaro Liste

Álvaro Liste (Ordes, A Coruña. 1977).

Namorado do cinema, primeiro como espectador e logo como creador.

Nos inicios profesionais tras licenciarme en Comunicación Audiovisual (Segovia, 2002) traballei como redactor xornalístico, de freelance como guionista, realizador e editor de vídeos e tamén realicei curtametraxes experimentais. No teatro fun produtor e actor na obra “Todo lo que digamos tres veces es verdad” (Dir.: Erick Leyton) coa compañía “Títeres sin cabeza”. Traballei en Ópera como axudante de dirección en “Tosca” (do dramaturgo Xosé M. Rabón). En TV comecei na primeira temporada da serie “Historias de Galicia” (Dir.: Ricardo Llovo) de TVG en labores de produción.

En 2006 convertinme en productor independente coa curta “Danza na Terra” que formou parte dunha escolma de obras representativas do audiovisual galego en Berlín.

Durante 2007 e 2008 traballei, como produtor na empresa Emotion TV, en retransmisións e espectáculos. Tamén fun realizador de vídeos para a web musical “nsaio.org”.

Fun un dos cinco fundadores da empresa GSEIS AUDIOVISUAIS, (2008-2014) que desenrolou a súa actividade na realización de directos para TV, internet, servizos ENG a produtoras, a parte de documentais: “Man Fred, home sen paz” (Dir.: Simón Vázquez), “Uxío Novoneyra: Poeta/Alén” (Dir.: Iván L. Gimeno)  e múltiples pezas audiovisuais de distintos formatos.

Tamén fun operador en programas como "Casamos" ou "Caderno de Bitácora" e editor de programas para TVG ("Verbenalia", "Naqueles Tempos" –Dir.: Suso Iglesias-, "Sopa de Festa", "Destino Santiago", "Eu quero Ser") e veño de producir o documental "O Segredo da Ría" (Dir.: Rafael Méndez).

Filmografía

Ver perfil en IMDB

Na actualidade traballo como produtor e realizador independente.

-Documental:
“Danza na Terra” 2006. 23 min. AGADIC. Produción.
“Looking for waves” 2009. 13 min. Mr. Misto/Turismo FerrolTerra. Realización/produción.
“Paixón” 2010. 17 min. Mr. Misto/Turismo FerrolTerra. Realización/produción.
“Man Fred, home sen paz” 2010. 76 min. InfernosTV/GSeis Audiovisuais/TVG. Produción. PMM2010.
“Uxío Novoneyra: Poeta/Alén” 2012. 83 min. GSeis Audiovisuais/AGADIC. Produción.
“XV Mercado Medieval de Alfoz” 2013. 19 min. Asociación O Castelo. Realización.
“Un Mar Verde” 2014. 25 min. Concello A Pastoriza. Realización.
“A unión fai a forza” 2015. 28 min. Asociación Agromuralla. Realización.

“O Segredo da Ría” 2019. 65 min. Artefocal/AGADIC. Produción.

-Curtametraxes:
“A Virxe” 2010. 5 min. Realización.
“Prueba de Lealtad” 2016. 11 min. Realización.

-Experimental:
“Lembras, Lía” 2015. 3 min. Realización.

-Videoclip:
“Ojos de Miel” Mikel Erentxun. 2015. Warner Music. Realización.

“A Casa do Terror” Xoán Curiel e a Banda do Verán. 2018. Ed. Galaxia. Realización.

“Paxaro Mouro” Sergio Ariel. 2020. Realización.

“O Monstro da Lavadora” Xoán Curiel e a Banda do Verán. Ed. Galaxia. 2020. Realización.

Ponte en contacto
con Álvaro Liste