Álvaro Gago
Seleccionado por Variety en 2019 como un ‘Spanish talent to track’ e por Screen International en 2021 como unha ‘Star of Tomorrow’. Álvaro Gago (Vigo, 1986) estuda comunicación e música en Galicia, teatro en Chicago e cinema na London Film School, na que se gradúa no 2013 coa curta Curricán.
No 2017 dirixe Matria, curtametraxe nomeada aos Goya 2019 e gañadora de mais de setenta premios, entre eles o Mestre Mateo 2018 e o Gran Premio do Xurado no Festival de Sundance 2018. Ese mesmo ano realiza a montaxe de Trote, a primeira película de Xacio Baño, que ten a súa estrea mundial no Festival de cine de Locarno 2018 e nacional no Festival de San Sebastián 2018. A súa última curtametraxe, 16 de decembro, nomeada aos Goya 2021 e gañadora do Mestre Mateo 2020, estréase no Festival de Locarno 2019.
A súa primeira longametraxe, titulada Matría como a curta, estréase na sección Panorama da 73ª edición da Berlinale. Actualmente está desenvolvendo a súa segunda longametraxe de ficción, Porto Alegre, no marco do programa Rueda da Academia de Cine.
Filmografía
Ver perfil en IMDBMatria | Longametraxe | Guionista-Director | Alexa | 98’ | Matriuska Producións, Avalon P.C., Elástica Films, Ringo Media | 2023
16 de Decembro | Curtametraxe | Guionista-Produtor-Director-Editor | Alexa | 15’ | Sombriza Films & Ringo Media | 2019.
Conte Trencat (Miguel Gago) | Curtametraxe | Editor | Red Epic | 17’ | Ringo Media | 2019.
In Memoriam (Marcos Merino) | Editor | Longametraxe | HD | 75’ | Freews Prod. | 2018.
Trote (Xacio Baño) | Editor | Longametraxe | Alexa | 80’ | Frida Films | 2017.
Matria | Curtametraxe | Guionista-Produtor-Director-Editor | Alexa | 21’ | Sombriza Films | 2017.
Estiu 1993 (Carla Simón) | Assembly Editor | Longametraxe | Alexa | 97’ | Inicia Films | 2017.
Seeds (Guillaume Fradin) | Curtametraxe | Editor | Alexa | 13’ | Noor Lawson | 2016.
Palmira (Diana Gonçalves) | Mediometraxe | Editor | HD | 40’ | 2016.
Bird Songs (Harry Bracho) | Curtametraxe | Editor | Red Epic | 24’ | LFS | 2015.
Bombolles | Curtametraxe | Editor | Canon 5D | 3’ | BFC | 2015.
No Strings (Eoin Maher) | Curtametraxe | Editor | Alexa | 25’ | LFS | 2014.
Thieves (Sandra Tabet) | Curtametraxe | Editor | Sony F55 | 21’ | LFS | 2014.
Las Pequeñas Cosas (Carla Simón) | Curtametraxe | Editor | RED | 27’ | Inicia Films | 2014.
Curricán | Curtametraxe | Guionista-Produtor-Director-Editor | 16mm | 16’ | Sombriza Films | 2013.
Lipstick (Carla Simón) | Curtametraxe | Editor | 35mm | 9’ | LFS | 2012.
Skin (Janina Vilsmaier) | Curtametraxe | Editor | HD | 18’ | LFS | 2011.
Doremi | Curtametraxe | Guionista-Produtor-Director-Editor | HD | 20’ | The Other Self | 2010.









Ponte en contacto
con Álvaro Gago
"*" indicates required fields


