Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Alfonso Zarauza

Alfonso Zarauza

Guionista e director, ten experiencia profesional en curtas, series, documentais e longametraxes.

Foi director de desenvolvemento de proxectos da produtora madrileña Iroko Films.

Na súa filmografía destacan as longametraxes A noite que deixou de chover (2008), Encallados (2013) e Os fenómenos (2014).

 

Premios e recoñecementos:

Autor do mellor guión en proxecto seleccionado polo LALIFF 06 (Los Angeles Latino International Film Festival), por ``A noite que deixou de chover´´.
Premio ao mellor director de longametraxe en Competencia Internacional no Festival de Viña del Mar (Chile), por ``A noite que deixou de chover´´.
Autor do mellor guión de longametraxe, premiado no Festival Internacional de Cinema Latino de Trieste 2007 (Italia), por ``A ilha da morte´´ (dir.Wolney Oliveira).
Once nominacións aos Premios Agapi 99 pola curtametraxe ``A Danza de Katiuska´´.
Premios Mestre Mateo 2008 a mellor guión e mellor dirección por “A noite que deixou de chover”.
Premio Mestre Mateo 2013 a Mellor TVmovie por "Encallados".

 

Formación:

Técnico Superior de Producións Audiovisuais pola E.I.S Someso (96-98).

 

(fonte: AVG)

Filmografía

Ver perfil en IMDB

2014 Los fenómenos (longametraxe)
2013 Encallados (TV Movie)
2009 O Nordés (serie TV) (13 episodios)
2008 A noite que deixou de chover (longametraxe)
2002 Touro (curtametraxe)
2001 Sebastián (curtametraxe)
1998 A danza de Katiuska
1995 ¡Aproba! (curtametraxe)
1993 Hay que joderse (curtametraxe)

Ponte en contacto
con Alfonso Zarauza