Directores/as
Ollo de vidrio

Alberto Vázquez

Alberto Vázquez (A Coruña, 1980)

Director de animación, ilustrador e cómic. Os seus libros publicáronse en países como España, Francia, Italia, Brasil , China, Turquía ou Corea e as súas ilustracións apareceron en medios impresos de todo o mundo.
Escribiu e dirixiu curtos de animación coma "Birdboy", "Unicorn Blood", "Decorado" ou "Homeless Home" baseados nos seus cómics.
Realizou a súa primeira longametraxe de animación "Psiconautas, os nenos esquecidos", da que é director, guionista, director de arte e baseada na súa novela gráfica co mesmo nome.
Os seus traballos obtiveron tres premios Goya, gañando o Goya á mellor curtametraxe de animación en 2012 por "Birdboy" e en 2017, co Goya á mellor película para "Psiconautas" e a mellor curtametraxe de animación por "Decorado". Máis de 100 premios internacionais en citas como o Festival Annecy, Chicago, Platinum Awards, Foyle (preseleccionado para os Oscar), Expotoon ou Melies de Prata. As súas obras expuxéronse en prestixiosos festivais de todo o mundo como Cannes, EFA Awards, Toronto, Annecy, Clermond-Ferrand, Animafest Zagreb ou Slamdance.

correo: ilustracionvazquez@gmail.com
www.albertovazquez.net

Filmografía

Ver perfil en IMDB

Homeless Home (2020)- curta animación, 15´ Decorado (2016)- Curta de animación, 13´
Psiconautas (2015)- Longametraxe de animación
Sangue de Unicornio (2014). Curtametraxe de animación 13´
Birdboy (2012)- Curtametraxe de animación, 12´

Ponte en contacto
con Alberto Vázquez