Directores/as
Ollo de vidrio

Alba Prol Cid

Licenciada en Comunicación Audiovisual (especialidade Dirección e Guión, 2009) na Universidade de Santiago de Compostela , Máster Media Practice and Culture (especialidade Cine Documental, 2011) na University of the West of England, Bristol, Reino Unido. Máster de Profesorado na Universidade de Vigo (2012).

No 2011 dirixiu e produciu a súa primeira curtametraxe documental "When the Sun Hits Hardest" coa que gañou varios premios internacionais. Dende ese ano leva traballando no equipo de fotografía en diferentes proxectos de Cine (A Esmorga, Vilamor, 9 Ondas), TV (Anacos de Vida, Casamos), series web (El Quid, Angélica e Roberta, Las Clases de lo Social), documentais, videoclips, publicidade, curtametraxes... nos roles de operadora de cámara, axudante de cámara, axudante de dirección, e facendo labores de produción e redacción. Tamén traballou como reporteira e presentadora en diferentes programas da TVG (Anacos de Vida, Especial Noite de San Xoán, Especial Noite das Luces, Especial San Roque, Aquí Galicia).

Dende 2014 forma parte do equipo de Meteórica Cine como realizadora, directora e produtora.

Compaxina a súa labor profesional coa docencia de Audiovisual en centros de ensino superior coma a Escola de Imaxe e Son da Coruña, o EIS Audiovisual de Vigo, CTV, entre outros.

 

 

Filmografía

Ver perfil en IMDB
  • “The Great Way” (serie documental, 2021). Directora, produtora, operadora de cámara.
  • “A Mestra de Escola” (documental, 2021). Directora, produtora, operadora de cámara.
  • “Sporting, 50 anos de sentimento” (documental, 2019). Axudante de dirección, produtora.
  • “De Puertas Pa Dentro” (DVD concerto Tregua, 2019). Axudante de dirección, produtora, operadora de cámara.
  • “Inmortal” (videoclip, 2018). Axudante de dirección, produtora, operadora de cámara.
  • “Especial San Xoán”, “Especial Noite das Luces”, “Especial San Roque”, “Aquí Galicia”(TVG, 2018 ). Reporteira e redactora.
  • “Anacos de Vida” (TVG, 2017 – 2019). Presentadora, produción.
  • “Parque Natural das Illas Atlánticas de Galicia: Patrimonio da Humanidade”, “Illa de Sálvora” e outros (spots publicitarios, 2017). Operadora de cámara, produción.
  • “A Esmorga” (longametraxe, 2014). Operadora de cámara cástings e axudante de produción.
  • “Casamos” (TVG, 2013-2015). Operadora de cámara, produción e redacción.
  • “Viaje al Fin de la Noche” (documental, 2013). Axudante de dirección, produción, operadora de cámara.
  • “Dor”(curtametraxe, 2013). Axudante de dirección.
  • “Vilamor” (longametraxe, 2012). Axudante produción e realización en xira promocional.
  • “9 Ondas” (longametraxe, 2012). Axudante de cámara.
  • “El Quid” (serie web, 2012). Operadora de cámara.
  • “Angélica e Roberta” (serie web, 2012). Foquista.
  • “Las Clases de lo Social” (serie web, 2012). Auxiliar de produción.
  • “Galiza Emerxente” (documental, 2012). Operadora de cámara, editora.
  • “Enclaved” (curtametraxe documental, 2011, Chipre). Operadora de cámara.
  • “When the Sun Hits Hardest” (curtametraxe documental, 2011, Bristol, UK). Directora, guionista, produtora.

Ponte en contacto
con Alba Prol Cid