Burela, 1991. Actualmente reside en Galicia.
Formación en realización e creación audiovisual contemporánea.
Cineasta e videoartista. Traballa entre o cinema experimental, o arquivo, a videocreación e os formatos AV live.
Filmografía
Fomos Ficando Sós (2025) – Longametraxe. Cinema persoal, arquivo e experimentación visual.
Kumo Kosa Ta? (2022) – Documental musical realizado xunto a Baiuca en San Basilio de Palenque (Colombia).
Da morte nace a vida (2020) – Curtametraxe. Peza documental e poética sobre o ciclo da vida a partir da película Urxa(1989), dirixida por Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal.
REXISTROS (2019) – Curtametraxe. Mención Especial do Xurado no festival Curtocircuíto 2019. Exploración visual do territorio e a memoria.
Caerán Lóstregos do Ceo (2018) – Curtametraxe. Mellor Película de Vangarda e Premio CAMIRA en Filmadrid.
Salitre nas veas (2017) – Curtametraxe. Aproximación lírica ao litoral galego.
O Porco e o seu espírito (2016) – Curtametraxe. Simbolismo, tradición e rituais rurais galegos.
Nistra Batuko Exploration (2015) – Curtametraxe. Investigación visual e sonora en torno á identidade e o ritmo caboverdiano en Burela.
Outros traballos:
Videoclips e creacións visuais para Baiuca, Blanco Palamera, Ronroneo, Sen Senra, Guitarricadelafuente ou Guerrera, entre outros.
Creacións AV live e proxectos híbridos entre cinema e música, como SIRAT Live Soundtrack AV (con Óliver Laxe e Kangding Ray, 2025) ou EADZ Live AV (con Anxo R. Ferreira, 2024), un directo arredor da longametraxe Fomos Ficando Sós.








Ponte en contacto
con Adrián Canoura
"*" indicates required fields


