Directores/as
Ollo de vidrio

Estudia Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela.

No 2010 gradúase do master de dirección de cine na London Film School coa súa primeira curta Illa Pedra. Despois disto traballa no departamento de cámara en rodaxes en diferentes países como Marrocos ou Italia. No 2012 trasládase a Polonia onde traballa como realizadora audiovisual e organizadora de eventos nunha organización cultural.

Hoxe en día vive en Londres e traballa como xefa de produción na axencia audiovisual Orama.tv. Forma parte da organización Galician Film Forum, nada para levar cine galego a Londres e segue a desenrolar a súa faceta de dirección, sendo "Galicia. Portobello Road" a súa última curta.

Filmografía

Ver perfil en IMDB

Dirección:

Illa Pedra, 18 min, London Film School, 2010
A necesidade do outro, video poema, 3 min, 2011
The Evacuee Play Trove, documental, 9.18 min, London Play en colaboración con The Museum of London, 2013
Galicia. Portobello Road, 9 min, 2015

Outros:

The Exit, operadora de cámara, 15 min, London Film School, 2009
Mushpush, axudante de cámara, 10min, Ainur Productions, 2010
Invisible Strings, axudante de cámara, 15 min, London Film School, 2011
Distance, axudante de cámara, 10 min, London Calling Short, 2014

Ponte en contacto
con Adriana Páramo