Directores/as
Ollo de vidrio

MASTERCLASS CON PETER ANDERMATT

En uns días daremos comezo a unha nova edición do Conecta+, o evento organizado por CREA en colaboración con AGAG AGAPI e co apoio de AGADIC e a Fundación SGAE. En breves daremos a coñecer toda a información e actividades do evento, que se celebrará de maneira telemática debido á situación derivada da crise sanitaria da COVID-19.

Ademáis das habituáis reunións ‘un a un’ entre creadorxs e produtorxs, destacamos a Masterclass sobre presentación de proxectos impartida por Peter Andermatt, Master en desenrolo de guións por North by Northwest (Programa MEDIA), traballou como Director de Vendas Internacionais, como asesor de guións, escritor e script editor en numerosas longametraxes de cine e en series de animación e actualmente é director da Oficina MEDIA España (Fundación Cultural Oficina MEDIA España). O encontro será gratuito e aberto ao público.

A actividade desenvolverase este venres día 11 ás 18:00h e será necesaria inscrición previa. Para facela haberá que enviar un mail a conecta@crea.gal indicando no asunto “MASTERCLASS CONECTA+ 2020”, e recibiredes un enlace de asistencia online.