Directores/as
Ollo de vidrio

Masterclass de cinematografía dixital

O pasado día 7 remataba en Santiago a MASTERCLASS DE CINEMATOGRAFÍA DIXITAL, actividade dirixida polo director de fotografía Rafa Roche coa colaboración de Sony España, Ceproma, Trípede e a Fundación Sgae. O curso tivo como obxectivo o estudo de tipos de sensores, lentes, modelos de cámara, formatos e relacións de aspecto, sistemas HDR, ACES, Dual ISO, Curvas Log, LUT´S e looks, así como as esixencias técnicas de NETFLIX, HBO, MOVISTAR, etc.

Santiago, 8 de xullo de 2019