
Durante o Conecta Lab terán lugar unha serie de actividades co propósito de axudar ás e aos cineastas na súa formación como profesionais, darlles novas perspectivas, puntos de vista e posibilidades, ademais de facer que conozan un pouco máis o lugar no que se atopan.
Durante o Conecta Lab terán lugar unha serie de actividades co propósito de axudar ás e aos cineastas na súa formación como profesionais, darlles novas perspectivas, puntos de vista e posibilidades, ademais de facer que conozan un pouco máis o lugar no que se atopan.
Será necesaria inscrición previa.
· MASTERCLASS DAMA – PROCESO CREATIVO DE LA ESTRELLA AZUL
4 de abril – 20:00h – Online

Esta masterclass explora o proceso creativo de La estrella azul co seu director, Javier Macipe, abordando o proceso de construción, as influencias e decisións detrás da película. Tras a súa estrea en San Sebastián e un longo percorrido por festivais e salas, Macipe compartirá os desafíos e aprendizaxes de levar esta historia á gran pantalla.
Modera Xoan Escudero (CREA).
_
· MASTERCLASS DAMA – CINEMA GALEGO QUE VÉN
5 de abril – 20:00h – Online

Un coloquio que nos achega ao traballo de cinco cineastas galegos/as a punto de estrear as súas novas películas. Un grupo heteroxéneo de creadores/as que, dende distintas miradas e estilos, comparten os desafíos de enfrontar unha primeira, segunda ou tercera obra, explorando a súa evolución creativa e os retos da produción. Coa participación de Ángel Santos, Ángeles Huerta, Anxos Fazáns, Andrés Goteira e Eloy Domínguez Serén.
Modera Noemi Chantada (CREA).
_
· MASTERCLASS DAMA – ESCRIBIR O TRATAMENTO DUNHA LONGAMETRAXE
6 de abril – 20:00h – Online

Un coloquio para profundizar na escritura dun tratamento de longametraxe, coa participación de diversas voces que aportarán a súa experiencia e perspectiva. Un espazo para explorar as claves do desenvolvemento narrativo, dende a estructura, o estilo e o tono ata os desafíos do proceso creativo. Coa participación dos guionistas Beto Marini (El 47) e Fernando Navarro (Segundo Premio), a analista e asesora Ana Sanz-Magallón (Alcarràs) e Begoña Robles, creative executive de Amazon Prime.
Modera Iria Sobrado (CREA)


