Directores/as
Ollo de vidrio

Masterclass de Pitch con Álvaro Vega

Con motivo da nova edición do CONECTA+, o vindeiro mércores día 15 de decembro, ás 16:30h, levarase a cabo una masterclass con Álvaro Vega, baixo o título “EL PITCH. 3 MÁXIMAS FUNDAMENTALES Y 5 IMPORTANTES CLAVES

As persoas asistentes ao Conecta +, así como os colectivos colaboradores, terán acceso prioritario á charla, que será online. Nela recibirán de primeira man o asesoramento para pitchear os seus proxectos.

Álvaro é un experimentado profesional da comunicación. Especializado no sector audiovisual, foi o responsable da promoción de máis de 150 películas para todo tipo de audiencias que inclúen desde blockbusters a films de debut, pasando polo cinema independente de maior recoñecemento internacional ou a súa participación nas campañas de dúas candidaturas españolas aos Oscars. Director de Marketing e Xefe de Prensa de Vértigo Films entre 2007 e 2012, actualmente desenvolve a súa actividade como CEO de DobleSentido, a súa propia axencia de márketing, comunicación, asesoría e formación para as industrias creativas e culturais.

O Conecta+ celebrarase o vindeiro sábado 18 de decembro, en formato online, pero gozará de diversas fases que terán lugar ao longo de toda a semana.