Directores/as
Ollo de vidrio

Manane Rodríguez presenta UN AXUSTE DE CONTAS.

A nosa compañeira Manane Rodríguez estrea en Cineuropa, o vindeiro venres 13 a súa película UN AXUSTE DE CONTAS.

Trátase dunha película rodada e exhibida en vídeo, producida por Xamalú Filmes sen subvención ningunha nin autonómica nin estatal, que foi feita coa colaboración de actores e técnicos. Rodouse en 2005 e terminouse a posprodución en 2009.

A película, que ven de ser seleccionada nos festivais de Málaga e Tolouse. é unha sátira sobre certos aspectos máis ben cutres do cinema español entón, e agora? tristemente vixentes, contada en forma de parodia de reportaxe xornalística. (Podedes ver o trailer sobre estas liñas)

Sinopse:
A morte inesperada dun produtor cinematográfico en circunstancias non aclaradas, leva a xornalistas, policía e xente do cinema a facer investigacións ou especulacións e a dar conta das relacións que tiñan co finado. Esas especulacións e informacións son rematadas cunha serie de monólogos nos que se mesturan a reflexión e a confesión. Finalmente asistimos ao testemuño videográfico da última festa de aniversarios do produtor falecido Rubén Saco.

Repartición:
Pedro M. Martínez, Paulina Gálvez, Andrea Guardiola, Myriam Méziéres, Nur Ao Levi, Juan Querol, Quique Fernández, Manuel de Blas, Zoe Berriatúa, Lola Casamayor, Angela Castela, Bruno Squarcia, Eleazar Ortiz, Irene Visedo, Javier Maqua, Daniel Freire, Paco Algora, Gary Piquer, Alexis, Valdés, Rosana Pastor e Raúl Sáez de la Fuente.

Interacciones del lector

Deixa unha resposta