Directores/as
Ollo de vidrio

Manane Rodríguez e Xavier Bermudez no festival Zlin da República Checa


León e Olvido

O 49 festival Zlin, que terá lugar entre os vindeiros 31 de maio e 7 de xuño na cidade checa de Zlin, contará coa presenza de dúas longametraxes galegas, “Un conto para Olivia”, de Manane Rodríguez, e “León e Olvido”, de Xavier Bermúdez, ambos socios de CREA.As duas están producidas por Xamalú Filmes. “Un conto para Olivia” coproducido con TVG, Ficción Producciones e Área 5.1 e “León e Olivdo” con El Paso PC e TVG.
Ambas formarán parte da sección “Días de Cine Español” do Festival Internacional de Zlin.

“Un conto para Olivia” está protagonizada por Paulina Gálvez, Manuel Cortés e pola nena Luisiana Álvarez e “León e Olvido” por Marta Larralde, Guillem Jiménez e Gary Piquer.

Máis información sobre estas e outras propostas de Xavier e Manane na web de Xamalú Filmes.


Un conto para Olivia

Interacciones del lector

Deixa unha resposta