Directores/as
Ollo de vidrio

MÁIS DE 100 REUNIÓNS EN MENOS DE 4h

A pasada fin de semana tivo lugar unha edición especial do CONECTA+, que se realizou totalmente online. O evento, reconvertido por mor da actual pandemia, contou con máis de 100 reunións en menos de 4h, xa que o formato deu cabida a máis proxectos dos que podería de forma presencial.

En total presentáronse 62 proxectos de longametraxes, series de tv, curtas… das cales se seleccionaron un total de 32. De 20 proxectos presentados por mulleres se seleccionaron 13 fronte aos 19 seleccionados de entre os 42 proxectos presentados por homes.

Durante o venres 11 e sábado 12 sucedéronse as diferentes actividades dentro do evento: a Masterclass de Peter Andermatt, director da Oficina MEDIA España (Fundación Cultural Oficina MEDIA España), os pitch dos proxectos beneficiarios da subvención de talento a guión de AGADIC ou as clásicas reunións un-a-un entre creadores e produtoras e produtores, tanto nacionais coma galegas.

Xa ven sendo habitual o éxito destas reunións, que no pasado materializaron moitos proxectos que hoxe forman parte do catálogo audiovisual actual. Foron moitos os que tiveron aquí o seu primeiro encontro profesional, e de seguro marcou un bo rumbo nos seus camiños, grazas ao feedback e a experiencia das produtoras e produtores que formaron parte deste evento.

O CONECTA+ organizado dende CREA foi posible grazas á colaboración con AGAG e AGAPI e aoapoio de AGADIC e a Fundación SGAE.