Directores/as
Ollo de vidrio

Repaso polo IX Conecta 2021

O Conecta tivo este ano a súa IX Edición, e celebrouse durante o pasado 13 de novembro na sede da Fundación SGAE, en formato presencial.

O ano anterior a actividade tivo que verse reformulada ao online por mor da incidencia da pandemia, pero este ano puido realizarse como é habitual, con presencialidade e coas clásicas mesas de reunións un-a-un entre creadores e creadoras.

Polo evento pasaron ao redor de 40 participantes e 20 ointes, que durante toda a mañá estiveron compartindo impresións e tendendo canles de traballo para futuras colaboracións. Algúns destes proxectos pasaron máis tarde pola VII Edición do Conecta+, que se celebrou durante a mañá do pasado 18 de decembro.

Despois das reunións, tivo lugar unha charla con Alberto Guntín, en onde se deron claves á hora de axudar a impulsar un proxecto nas etapas máis inciais de desenvolvemento. Alberto traballou como director de desenvolvemento de Voz Audiovisual e, máis tarde, formou parte do departamento de ficción de Netflix. A súa experiencia tanto como guionista como na procura e selección de proxectos fai que teña unha visión privilexiada e que poda ofrecer un impagable asesoramento ás persoas que loitan por mellorar os seus proxectos e conseguir facelos realidade.

A continuación deixamos un pequeno vídeo do que foi esta edición 2021 do Conecta, unha actividade organizada por CREA, co apoio da Fundación SGAE e a colaboración de AGAG, a Asociación Sindical Galega de Guionistas. e de AGADIC, Axencia Galega das Industrias Culturais.