Directores/as
Ollo de vidrio

Hector Carré arranca a rodaxe de “Personal Movie”

O noso compañeiro Hector Carré acaba de arrancar na praia de Razo a súa cuarta longametraxe Personal Movie, o que ven a consolidar aínda máis a súa xa importante traxectoria como director.

Hector rodou ata o momento La Promesa, Dame Algo, e Dame Lume, a súa ópera prima en 1994.

O filme de suspense que está escrito e dirixido por Hector Carré, e producido por SunLua coa colaboración de Filmanova, discorre enteiramente na provincia da Coruña (Razo, Sada, Redes, Cambre…).
A trama versa sobre un xove, que está de vacacións nun pobo galego e que despois dunha gran festa atopa un brazo humano na súa neveira. Como non lembra nada do acontecido a víspera, vese obrigado a descubrir quen é o asasino, sen denunciar o feito á policía.

Santi Romay, Chete Lera, Miguel de Lira, Isabel Blanco, Victor Mosqueira, Deborah Vukusic e Yelena Molina destacan no reparto. Na parte técnica Hector estará acompañado de nomes como Juan Carlos Gómez (Gordos, El Bola, Azul Oscuro Casi negro, La promesa, Dame Algo) na dirección de fotografía, Manuel Varela (La promesa) na música, Alexandra Fernández na dirección artística, Arantxa Domínguez no vestiario, e Dani López no son. A dirección de produción correrá a cargo Xabier Eirís.

Esperando poder presentarvos pronto o trailer, desexámoslle desde aquí a Hector o mellor para esta rodaxe.
Deixámosvos de adianto dúas imaxes, una de rodaxe e un fotograma da metraxe orixinal.

Interacciones del lector

Deixa unha resposta