Directores/as
Ollo de vidrio

GALARDÓNS DOS MESTRE MATEO XIX

A pasada fin de semana celebrábase unha edición singular da festa do audiovisual galego. Os Premios Mestre Mateo XIX, organizados pola Academia Galega do Audiovisual, galardoaron os mellores traballos do ano, entre os cales se atopan moitas das nosas asociadas.

A gran nomeada da noite, con 9 premios, foi Ons, a película dirixida polo noso socio Alfonso Zarauza, que conseguiu os premios a mellor longametraxe, mellor guión, mellor dirección de fotografía, mellor interpretación feminina protagonista, mellor interpretación masculina protagonista, mellor interpretación feminina de reparto, mellor dirección de produción, mellor son e mellor montaxe.

A illa das mentiras, da nosa socia Paula Cons, conseguiu 5 galardóns, entre os que se atopan o premio á mellor dirección, á mellor interpretación masculina de reparto, mellor dirección de arte, mellor maquillaxe e perruquería e mellor vestiario.

O premio á mellor música orixinal foi para 9 Fugas, do noso socio Fon Cortizo.

O premio á mellor serie de televisión foi para Néboa, dirixida por Jorge Saavedra.

O premio á mellor curtametraxe de imaxe real foi para Xoves de Comadres, de Noemi Chantada.

O premio á mellor serie web foi para Xan, de Lucía Estévez.

O premio ao mellor anuncio publicitario foi para Juán Galiñanes por Desde o mar.

O premio ao mellor videoclip foi para Muiñeira de Interior, do grupo Boyanka Kostova, dirixido por Xaime Miranda.

Por último, o premio ao mellor programa de televisión foi para Cinephilia do noso socio Simone Saibene.

En nome de CREA, noraboa a tódolos traballos finalistas e galardoados!