Directores/as
Mediateca

Faite membro

Coñece CREA

O noso sector, tanto aquí coma no resto do mundo, ten unha forte estrutura asociacionista e os directores non debemos ser alleos a esta realidade. Partindo das enormes diferenzas existentes entre cada creador (é esa individualidade a que nos fai interesantes e únicos), tamén son moitos os intereses comúns. E unha asociación pode ser o mellor vehículo para fortalecer eses intereses: desde ter voz ante as institucións, ata organizar actividades que promovan a formación continua dos creadores.

Cantos máis profesionais da dirección participen de CREA, máis forza teremos para poñer a creatividade e o talento en primeiro plano e, sobre todo, máis representativa será da realidade dos creadores en Galicia: unha realidade diversa e tremendamente plural na que todos temos unha voz propia que pode axudar a que o sector medre e se desenvolva.

COMPLETA A TÚA SOLICITUDE

"*" indicates required fields

Inclúe unha lista do seu traballo e / ou filmografía. É un requisito esencial para avaliar a súa solicitude.
This field is for validation purposes and should be left unchanged.
01
Quen pode ser membro de CREA?
Profesionais da dirección ou realización de Galicia ou residentes en Galicia que teñan, como mínimo, dirixido e/ou realizado unha obra audiovisual que fose estreada en público. Enténdese como estrea pública a difusión aberta a espectadores, a través de calquera forma de explotación: proxección en espazos públicos, emisión en canles de TV e/ou difusión en plataformas específicas de internet (quedando excluídas deste último apartado as plataformas xenéricas tipo YouTube, Vimeo, etc.).
02
Que ventaxas ten?
Por formar parte de CREA terás dereito a unha ficha de director/a na nosa web onde mostrar o teu traballo, poderás participar en todas as actividades da asociación e coñecerás a máis profesionais.
03
Como asociarse?
1)Cubre o formulario desta páxina e pulsa sobre “Solicitar”, 2) Unha vez recibida, a xunta directiva valorará e aprobará a solicitude -sempre que cumpra con ese requisito mínimo, 3)A continuación, tes que cubrir unha ficha de socio/a que che enviaremos ao teu mail; e unha vez enviada a información, xa serás socio/a de pleno dereito.
04
Canto custa?
Se queres seguir disfrutando das vantaxes de crea.gal deberás realizar un pago anual de 50€.