Directores/as
Ollo de vidrio

Calendario de eventos

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CONECTA LAB 2022 – Encontro con Koldo Serra

9 Xuño | 20:00

De balde

CONECTA LAB 2022 – CICLO DE ENCONTROS. Encontro sobre o proceso creativo dende a idea ata a rodaxe, a través das súas películas e series.

Koldo Serra foi fundador e socio das produtoras Arsénico P.C. xunto a Borja Crespo, Nacho Vigalondo, Borja Cobeaga e Nahikari Ipiña e Sayaka. Comezou a súa traxectoria como axudante de dirección de varios spots publicitarios, videoclips e curtas, como 7:35 de la mañana de Nacho Vigalondo (obra candidata nos Oscar 2004 como mellor curtametraxe) ou Snuff 2000 de Borja Crespo. Koldo dirixíu as curtametraxes Amor de madre (escrito e dirixido xunto a Gorka Vázquez) e El tren de la bruja (escrito xunto a Nacho Vigalondo), ambos premiados en festivais de medio mundo, chegando a conseguir co segundo, o Méliès de Oro á mellor curtametraxe fantástica europea no Amsterdam Fantastic Film Festival. En 2007 Koldo Serra estrea a súa primeira longametraxe The Backwoods (Bosque de Sombras) onde contaba cun elenco internacional como Gary Oldman (Drácula, Leon El profesional), Virginie Ledoyen (8 mujeres, La playa) ou Paddy Considine (24 Hour Party People, El ultimátum de Bourne). A súa segunda película, Gernika, estréase no marco do Festival de Málaga. «Gernika» está protagonizada por María Valverde, James D’Arcy, Jack Davenport, Ingrid García-Jonsson, Alex García, Irene Escolar, Bárbara Goenaga, Burn Gorman y Joaquim Assboeck. 70 Binladens, protagonizada por Emma Suárez, Nathalie Poza y Hugo Silva, é o seu terceiro filme.

En televisión, Koldo Serra dirixíu episodios para series como Gominolas (Cuatro, 2007), El Comisario, La Fuga y El Don de Alba (Telecinco) ou Karabudjan para Antena 3, con Hugo Silva, Marta Nieto y Victor Clavijo como protagonistas. Nos últimos anos, Koldo dirixiu capítulos da terceira e cuarta temporada de La Casa de Papel de Netflix.

Detalles

Data:
9 Xuño
Hora:
20:00
Custe:
De balde